Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

Inicio de Curso 2016/2017

Xoves 15 de setembro de 8:45 a 12:00

 Presentación 1º,2º,3º e 4º de ESO

Os autobuses recollerán ó alumnado a primeira hora e farán o recorrido de volta ás 12:00

Venres 16 de setembro

Inicio das clases de ESO

Luns 19 de setembro ás 8:45

Presentación de Bacharelatos, Ciclos e Formación Profesional Básica e inicio das clases a continuación.

Alumnado admitido para a Formación Profesional Básica

No pdf adxunto relación de alumnado admitido á FP Básica para o curso escolar 2016/2017.

INFORMACIÓN SOBRE PERÍODO ORDINARIO DE MATRÍCULA DE ESO E BACHARELATO

Co obxectivo de reducir os tempos de espera nas matriculacións do alumnado na secretaría do centro, recoméndase presentar os impresos das matrículas nas seguintes datas:
1º da ESO: 27 e  28 de xuño.
1º de Bacharelato: 29 e 30 de xuño
2º de Bacharelato: 1 e 4 de xullo
2º da ESO: 5 e 6 de xullo.
3º da ESO: 7 e 8 de xullo.
4º da ESO: 11 de xullo.
Prazo legal para matrículas de ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo. Ao ser domingo o día 10 prorrógase o prazo ata o día 11.

CONCURSO PARA A ADXUCACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA

Prazo de presentación das ofertas: DO 15 DE XUÑO ATA O 30 DE XUÑO DE 2016 ÁS 14:00 h.
Lugar de presentación: OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES PEDRA DA AUGA.

INFORMACIÓN SOBRE: CALENDARIO FIN DE CURSO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CALENDARIO DE FIN DE CURSO.

As clases rematan o 22 de xuño, día lectivo polo tanto o alumnado permanecerá no centro no horario habitual.
As notas entregaranse o día 23 de xuño ás 10:00 horas. O 23 de xuño non haberá transporte escolar.
RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO.
Na última clase do curso de cada materia o profesor /a recollerá os libros daqueles alumnos/as  que estean aprobados na convocatoria de xuño e que recibiron os libros do fondo solidario ou mediante a axuda no curso 2015-2016. A data límite para realizar as devolucións neste caso é o 23 de xuño.
Os representantes legais dos alumnos/as, cando así o soliciten, poderán recoller no centro un documento de “Recollida dos libros de texto efectivamente devoltos”. Este documento poderá solicitarse os días 04 e 05 de xullo na secretaría do centro.
O alumnado de ESO  que teña algunha materia pendente e que recibira os libros do fondo solidario ou mediante a axuda no curso 2015-2016, poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine. A entrega de libros neste caso realizarase o día do exame da materia en setembro e, como máximo, o 07 de setembro.
Os representantes legais dos alumnos/as, cando así o soliciten, poderán recoller o documento de “Recollida dos libros de texto efectivamente devoltos”.  Este documento poderá solicitarse os días 13 e 14 de setembro na secretaría do centro.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017

O pasado 16 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de ESO para o curso escolar 2016-2017.
A finalidade das axudas é:

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º e 3º de ESO.
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar para o alumnado de ESO.

Lugar de presentación:
     Preferiblemente no centro docente.


Prazo para presentar solicitudes:

  • Desde o 17 de maio ata o 23 de xuño de 2016 (este incluído)
  • O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016-2017, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.
  • Para as novas incorporacións ao longo do curso: 1 mes a partir do día seguinte á formalización da matrícula con data límite de 31 de marzo de 2017.

Presentación de solicitudes:
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
A solicitude deberá estar a

PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA ESTUDAR NO CURSO 2016/2017

Se vas a estudar formación profesional, bacharelato, ensinanzas artísiticas ou estudos universitario en Ourense, Vigo ou Lugo, podes optar a unha praza nunha residencia xuvenil.

O prazo de presentación é de 1 MES contado a partir do día 28 de abril.

Para acceder á solicitude e ó resto de información sobre esta convocatoria, preme no link:

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=303B&procedemento=BS303B

Distribuir contido