Saltar navegación.
Inicio

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE).

Xa se pode solicitar a BECA ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o curso 2022-2023.

Toda a Información está dispoñible no Portal de becas e axudas do MEFP.

As Persoas destinatarias das axudas serán aquelas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: 

  • Discapacidade. 

  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe. 

  • Trastorno do espectro autista. 

  • Altas capacidades. 

Tedes ata o 30 de setembro do 2022 para entregalas.