Saltar navegación.
Inicio

Matrículas e solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar.

 

Lembrámoos que no período ordinario de xuño e xullo soamente formalizan matrícula alumnos de ESO E bacharelato sen materias pendentes, quenes teñan exames de setembro agardan ata despois dos exames extraordinarios para facer a matrícula.

PRAZO DE MATRÍCULA ORDINARIA, ESO E BACHARELATO: ata o día 10 de xullo.

Prazo recomendado para minimizar as colas na secretaría:

1º da ESO 23 e 24 de xuño.

2º da ESO 25 e 28 de xuño.

3º da ESO 29 e 30 de xuño.

4º da ESO 1 e 2 de xullo.

1º de Bacharelato 5 e 6 de xullo.

2º de Bacharelato 7 e 8 de xullo.

Primeiros cursos de FP básica Solicitudes de admisión do 1 ao 12 de setembro.

Primeiros cursos de ciclos medios e superiores Solicitudes de admisión do 25 de xuño ao 5 de xullo na app ciclosadmision na web edu.xunta.gal/fp. Os repetidores tamén teñen que solicitar admisión.

Segundos cursos de ciclos básicos, medios e superiores Do 12 ao 16 de xullo directamente en secretaría.

 

Para todos os niveis educativos:

 As follas de matrícula inclúen ao dorso as instrucións sobre prazos concretos de cada nivel escolar e da documentación necesaria para formalizalas.

 Formularios de matrícula (inclúen as instruccións ao dorso):

1º da ESO.

2º da ESO.

3º da ESO.

4º da ESO.

1º de Bacharelato.

2º de Bacharelato Ciencias.

2º de Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais.

Ciclos medios e superiores e 2º de FP básica.