try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
I.E.S. Pedra da Auga
Instituto de educación secundaria

CONCURSO EN LINGUA GALEGA

CONCURSOS EN LINGUA GALEGA
 
Premios Youtubeiros 2020. Poden participar os maiores de 14 anos presentando un vídeo, varios vídeos ou unha canle de Youtube en galego antes do 23 de outubro. Débese cubrir un formulario de inscrición no seguinte enlace: https://youtubeiras.gal/Inscricion/
Establécense 12 premios: tres principais, valorados en 1000 euros cada un; e nove premios de 500 cada un.
Pódense consultar as bases en https://youtubeiras.gal/Bases
 
 
XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020. Poden participar os maiores de 18 anos presentando un poemario cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800, en galego, antes do 23 de outubro.
Establécese un premio de 2500 euros e a publicación da obra.
Pódense consultar as bases na imaxe que se achega.