Temos boas novas!
O 16 e 17 de outubro, Xabier Prado, profesor de Fisica e Química no noso centro, acudiu a XVI edición do certame científico “Ciencia en Acción” en Viladecans para recoller dous premios por traballos realizados durante o curso 2014-2015 cos seus alumnos e alumnas de 1º de bacharelato.
O certame é unha iniciativa que trata de acercar a ciencia dunha maneira atractiva ao público a través de conferencias, concursos e compartindo distintas experiencias. Preme na imaxe para acceder á información.
O noso compañeiro, recolleu dous certificados do certame científico como finalista en dúas modalidades:
Preme nas imaxes para acceder ás galerías
Nas imaxes podedes ver a Xabier e Manolis Kousloglou, profesor grego, que tamén participou cos seus alumnos na conferencia online "New Light for Old Ideas".
"New Light for Old Ideas" é un proxecto que trata de divulgar a física moderna con gráficas animadas, expresión corporal, música ... Podedes desfrutar do traballo realizado "New Light for Old Ideas" facendo click na imaxe