Skip to Content

Tecnoloxías

LIGAZÓN A EXAMES DE COMPETENCIA DIXITAL

CURSO DE CAPACITACION DIXITA. NIVEL BÁSICO

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

 

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

 

 

Podedes acceder a unha DEMO das probas na seguinte enlace DEMO PROBA

 

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

PROGRAMACIÓN DPTO. DE TECNOLOXÍA 23/24

MEMBROS DPTO. DE TECNOLOXÍA CURSO 23/24

  • D. Roberto C. González Pérez (X. do departamento).

  • D. Fernando del Río Vázquez.

  • Dna. Mª de los Ángeles González de Mena.

  • Dna. Marta Sánchez Rodríguez

CHARLA: INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS

 

 

 

O noso alumnado de 3ºESO da materia de Educación Dixital participou nunha charla ofertada pola Consellería de Educación e desenvolvida por AMTEGA sobre seguridade informática.

Baixo o título de Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais, o relator da charla explicoulles dunha forma moi amena, didáctica e moi próxima á súa realidade dixital, os perigos das redes sociais e as medidas para adoptar para usalas dunha maneira segura. Tamén lles explicou o concepto de pegada dixital  e identidade dixital e as pautas para protexer ambas. Moitas grazas por facelo tan ameno.

Esta charla enmárcase dentro dunha serie de actividades que se van a desenvolver no Centro en ámbito da formación en Seguridade Informática de toda a comunidade educativa e que está recolleito como obxectivo prioritario este curso no Plan Dixital de Centro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

A DOBRAXE EN GALEGO. UN MODELO DE NORMALIZACIÓN.

Que charla tan interesante tivo hoxe o noso alumnado de 1º BAC TIC sobre a dobraxe en galego como axente normalizador! Canto nos fixo reflexionar...
Grazas a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais Independentes) por ofrecernos a actividade.
Grazas a Chema Gagino, da produtora Recrea Films, por ese documental tan nu e tan claro sobre o que é ser actor ou actriz de dobraxe. Grazas, tamén, pola posterior charla, tan amena e tan necesaria.
Que importante é escoitar produtos audivisuais de todo o mundo na nosa lingua...

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

III FESTIVAL DE CURTAS

Un ano máis, a profe Ángeles, do departamento de Tecnoloxía, organizou na súa materia o xa consolidado "Festival de curtas".
O alumnado confeccionou guións, gravou e montou o seu filme e, unha vez entregados todos, foron visionados no Paraninfo do centro e elixido o gañador mediante votación telemática.
Canto talento temos no IES! Sempre conseguen sorprender...

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GALICIENCIA

Pablo Conde, alumno de 4º ESO, co seu semáforo feito con leds e activado por unha placa de arduino, foi seleccionado para o Galiciencia 2023. Puido gozar de tres días na Tecnópole onde conviviu con inventos e compañeiros/ compañeiras de toda Galicia, ademais de participara en varias actividades, como a do simulador de voo. Toda unha experiencia.
Grazas ao éxito de Pablo, compañeiros de 2º ESO tamén visitaron Galiciencia e puideron ver a exposición dos 51 proxectos da edición actual, participaron no obradoiro "A conquista da atmosfera" ou asistiron á charla "Ata o infinito... e máis aló". Tamén lle ensinaron ao noso alumnado a facer vórtices toroidales ou lles explicaron por que voan os avións. O máis emocionante foi a entrega de premios!
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VOLAMOS CON NÚMEROS

Se hai unha actividade que lle gusta ao noso alumnado, é a que nos ofrece a Aula Newton da Tecnópole de Ourense.
O estudantado recibe unha misión do "Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e debe colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer prioridades das misións de rescate.
O alumnado planifica os seus propios vos, preparándose realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, para aprender a manexar correctamente a navegación.
Traballa en parella (tripulacións) e debe cumplir a súa misión realizando un vo nun simulador de vo avanzado. Toda unha experiencia!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut