Skip to Content

Tecnoloxías

O INTERNET DAS COUSAS

Rebeca Pilar Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, visitou o pasado xoves o noso centro para falarnos sobre IoT ou "Internet das Cousas", que vén sendo a conexión de multitude de dispositivos electrónicos á rede Internet.
Ata vai relativamente pouco tempo, só ordenadores, teléfonos e tablets se conectaban á rede; porén, hoxe en día, calquera dispositivo electrónico pode facelo, o que facilita a conexión entre todos eles. Lavadoras, calefaccións, persianas, televisións, lámpadas, reloxos, coches, inclusos medidores de insulina para diabéticos...; todos estes obxectos de uso cotiá están a ser incorporados.
Rebeca Pilar Díaz Redondo explicoulle ao alumnado, de xeito ameno e moi simple, a infraestrutura necesaria para que todos eses dispositivos poidan estar conectados.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

"MORE THAN HUMAN" e STEVEN MEISEL

O departamento de Tecnoloxía organizoulle ao alumnado de bacharelato unha excursión ben completa á Coruña! Visitaron o ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial "More than Human", que deixou aos rapaces e rapazas coa boca aberta. E, por se non fora suficiente, aínda visitaron a exposición fotográfica do gran Steven Meisel, Steven Meisel 1993 a Year in Photographs; un percorrido por un dos anos clave do fotógrafo, no que destaca a súa intensa colaboración con Vogue, para a que chegou a asinar 28 portadas e máis de 100 editoriais. Todo un luxo de viaxe!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O OTERO, DE CINE

Por segundo ano consecutivo, o departamento de Tecnoloxía organizou o II Festival de Curtas do Otero Pedrayo. O alumnado puido visionar as curtas, votar ás gañadoras a través dun código QR e no festival de fin de trimestre, déronse os galardóns ás tres gañadoras. Parabéns a todos e todas as participantes por ese derroche de talento e creatividade, en especial, aos creadores das curtas gañadoras: Breogán Graña; Damián Zayas e Sebastián Rodríguez; Elías González Docampo e Héctor Pérez Vicente.

Parabens ara Ángeles González de Mena, profe de Tecnoloxía que fai posible este festival.ç

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

ANEXO A LA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2021-22

Pulsa aquí si quieres acceder al documento.

AULAS NEWTON DE GALICIA: VOLAMOS CON LOS NÚMEROS

O pasado venres 19 de Novembro un grupo de alumnos/ as de 4ºESO tivo o privilexio de participar na actividade "VOAMOS COS NÚMEROS: UNHA AVENTURA AÉREA" desenvolvida nas Aulas Newton de Galicia. Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica gratuíta que Tecnópole promove entre os centros educativos de Secundaria de Galicia. Está organizada conxuntamente entre Xunta de Galicia, Boeing, FirstScandinavia e Tecnópole.

 

Deixámosvos un pequeno vídeo para que vexades o moito que gozamos desta actividade, foi unha maneira moi amena de achegarnos ao mundo da e á aerodinámica aeronáutica.

Moitas grazas Tecnópole por esta oportunidade de aprender dunha forma tan amena.

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2022-23

Pulsa aquí si quieres acceder a la Programación Didáctica del departamento para este curso.

CONTENIDOS MÍNIMOS PARA SEPTIEMBRE Curso 20-21

Puedes consultar en los enlaces adjuntos los contenidos mínimos de las diferentes materias del departamento.

VISITA A AIMEN TECHNOLOGY CENTRE

 

O alumnado de 1º BAC TEC visitou  o centro tecnolóxico ubicado no Porriño AIMEN. A visita tivo unha duración aproximada de 2 horas e puideron ver os dous centros cos que contan: o Centro de Torneiros, Edificio Armando Priegue, onde visitaron os laboratorios  de metalografía e análise químico, así como o taller mecánico. Daí, trasladáronse a o outro edificio, Centro de Aplicacións Láser, onde puideron ver a nave de tecnoloxías láser. Foi todo unha experiencia. Grazas ao Departamento de Tecnoloxía polo vosa implicación neste tipo de actividades.

Os dejamos el enlace a su Instagram para por si quereis la demostración que nos hicieron del manerjo de un robot (visita Otero Pedrayo)

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

X OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

 

“A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica”. Este é o título do obradoiro de programación e robótica no que o noso alumnado de 4º e 1º BAC participou o pasado luns, día 25 de novembro, na Coruña. O obxectivo principal era aprender, de forma lúdica, os conceptos básicos e rudimentarios da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. Non gañamos o concurso, pero a actividade foi ben, ben interesante.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut