Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

PROGRAMACIÓNS DPTO. LINGUA GALEGA CURSO 23/24

MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2023/24

  • D. Constantino Pazos Sobrino (Xefe de Departamento).

  • Dona Patricia Cid Blanco

  • Dona Concepción Fernández Vázquez.

  • María Elvira Moroño Suárez

  • Dona Olga Quintana Devesa.

  • Dona Remedios Sánchez Estévez

  • D. Enzo Sarmiento Soto

DÍA DE ROSALÍA

Coa alborada de Rosalía a violín máis voz, a lectura do manifesto e unha segunda alborada a gaita celebramos no IES Otero Pedrayo os 187 anos do nacemento da nosa autora máis universal.
No Otero, sempre con Rosalía.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XIMNASIO LÉXICO

Grazas ás xestións do profe Henrique Sánchez, o alumnado do IES Otero Pedrayo tivo a honra de testar xa hai uns meses o "Ximnasio léxico", unha aplicación baseada no Diccionario da RAG coa que xogamos e aprendemos ao mesmo tempo.
Esta semana estreouse a aplicación, polo que vos animamos a que a descarguedes e... a xogar! (podes clicar na imaxe para probala).

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

REVISTA RAÑOLAS 2022-23

Xa temos no IES a Revista Rañolas 22/23!

Nas súas páxinas atoparedes algunhas das actividades e proxectos que se realizan no centro, entrevistas, diarios de viaxes, creación literaria de alumnos e profesores, artigos nos que latexa a grande figura de Otero e a propia historia do centro e máis!

Agradecementos para todos os colaboradores e colaboradoras que foron moitos e aos que lle faremos chegar o seu exemplar.

Para acceder á publicación fai clic na imaxe, debido ao tamaño tivemos que poñelo en dous documentos.

RAÑOLAS I

 

 

RAÑOLAS II

 

ROTEIROS LITERARIOS CON ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

Dentro da programación das nosas letras, o alumnado de 4º ESO e 1ª BAC realizou a semana pasada varias probas de orientación centradas en dúas das rutas literarias que nos ofrece a cidade de Ourense: a de Carlos Casares e a da Esmorga, de Blanco Amor.
Literatura e deporte xunguidas e cun resultado espectacular.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LETRAS GALEGAS I

Todo o ano están as letras galegas no Otero Pedrayo pero, estes días, con moiiiiiiiiita máis intensidade.
Onte mesmo xogamos con elas, a través do noso concurso- exposición; escoitámolas, co escritor Pedro Feijoo e, ata as comemos!, nunha riquísima sopa de letras cociñada polo Departamento de Dinamización Lingüística (sobra dicir que quedou a pota limpa!)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

QUEN VÉN SENDO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

Hoxe o alumnado do Equipo de Lingua montou a Exposición/Concurso das Letras Galegas "Quen vén sendo Francisco Fernández del Riego", o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Os 10 carteis realizados polos alumnos do @iescastelao IES Castelao de Vigo achégannos información sobre este "obreiro do galeguismo". Tedes as normas para participardes neste mesmo taboleiro ademais de nas aulas. Animádevos a participar! Estamos seguras de que será unha experiencia na que aprenderedes e vos divertiredes! E haberá premios, abofé !

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25 DE ABRIL

Onte, cantando ao Zeca, lembramos no Otero Pedrayo a Revoluçao dos Cravos, que puxo fin á ditadura de António Oliveira Salazar. Porque hai datas que son para celebrar... 25 de abril SEMPRE.

OTERO PEDRAYO OURENSE, ENSINO PÚBLICO , ENSINO DE CALIDADE

ROTEIRO LITERARIO POR OURENSE.

O alumnado de 3º ESO puido gozar dun paseo urbano para descubrir algúns dos espazos clave do Ourense literario: escritores, artistas, escenarios de novela, xornais... Todo unha ledicia!
Grazas á Concellaría de Educación por ofertarnos esta marabilla de actividade.

 

IES OTERO PEDRAYOL ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut