Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

LETRAS GALEGAS 2022 LAURA ROMERO

O alumnado de 3º ESO tivo hoxe o privilexio de contar coa música e ilustradora Laura Romero, dentro da programación das Letras Galegas.
Na actividade, debuxo e relato oral sobre mulleres músicas galegas fóronse entrefrebando, creando un ambiente con moita maxia e rematando cun resultado marabilloso.
A partir do mércores, unha exposicón con 20 láminas da autora sobre músicas galegas lucirá nos corredores do IES Otero Pedrayo, acompañando a que hoxe nos fixo en directo das artistazas Aida Tarrío, das Tanxugueiras, e Mercedes Peón. Todo un luxo.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LETRAS GALEGAS 2022

Todo listo no Otero Pedrayo para as Letras Galegas 2022, ano Florencio Delgado Gurriarán.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

O PORCO DE PÉ

"O triunfo do diñeiro, o ascenso do autoritarismo e a perda de valores éticos na sociedade. Podería ser un resumo de O porco de pé, de Vicente Risco, a novela que a compañía Excéntricas, baixo a dirección de Quico Cadaval, leva aos escenarios".
Hoxe, concretamente, estreouse no Teatro Principal de Ourense e alí estivo o alumnado de 4º ESO gozando da maxistral posta en escea de Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.
E que viva o teatro!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SON O FILLO DO FILLO DO REI DE GRECIA

 
Onte o alumnado de 1º BAC festexou o Día Mundial do Teatro co espectáculo "Son o fillo do fillo do rei de Grecia".
Isaac Xubín ofreceunos un relatorio tecido coa súa experiencia persoal -chea de xeografías diversas, paraísos perdidos que evocou coa comida da nai e a auga da fonte de Xubín- e con referencias culturais que nos levaron de Manuel Rivas a Brendan Behan, de Luis Peixoto a Ferrín e de Chus Pato a Homero.
Desde o inconformismo e a rebeldía Isaac Xubín ofreceunos unha mirada sobre as identidades aberta e moi necesaria.
E que viva o teatro!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA DE ROSALÍA

Onte foi un día ben especial no Otero Pedrayo, con Rosalía máis presente ca nunca. A nosa autora máis universal foi homenaxeada a través da lectura do manifesto, do recitado plurilingüe da súa obra, da interpretación musical dos seus poemas, da confección de murais, da creación de videopoemas, de agasallar con flores e versos, de plantar pensamentos...; en definitiva, lémola, cantámola, gozámola.
Grazas aos diferentes departamentos participantes, á nosa biblioteca e ao noso equipo de dinamización lingüística por facernos vivir un día tan bonito.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

"CONSTRUÍNDO O UNIVERSO DESDE OURENSE. O SIGNIFICADO DE NÓS"

Desde a semana pasada loce nun dos patios interiores do noso centro a Exposición Nós, que non só conmemora o centenario da Revista Nós, senón que tamén recolle importante información sobre os escritores desta xeración tan relevante para a cultura de Galicia e, máis especificamente, para a provincia de Ourense. 

Grazas á Fundación Vicente Risco por elaborar este tipo de material tan interesante para o noso alumnado e grazas, tamén, ao Concello de Ourense por cedérnola durante este mes de novembro

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2022/23

CONTIDOS MINIOS LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2020-21

No documento adxunto achéganse os contidos mínimos da materia de lingua  galega e literatura para o presente curso 20-21

 

MOVÉMONOS POLO GALEGO!

Baixo este lema, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC desenvolveu o mércores, xoves e venres da semana pasada unha actividade interdisciplinar (Departamento de Galego e Departamento de Educación Física) na que, despois de elaborar nas aulas un roteiro literario pola zona histórica de Ourense, puxérono en práctica a través dun xogo de orientación no que tiñan que ir descubrindo os diferentes puntos sinalados no percorrido e anotando a información de cada un deles a través dun código QR.

Foi unha actividade ben bonita, lúdica e tamén moi educativa, coa que o alumnado gozou moitísimo. 

Artigo na VOZ DE GALICIA

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

24 de FEBREIRO DÍA DE ROSALIA

No Otero Pedrayo, celebramos a Rosalía: escribimos os seus versos, creamos videopoemas, bailámola, gozamola...
24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut