Skip to Content

Orientación

PROGRAMACIÓN DPTO. DE ORIENTACIÓN CURSO 23/24

HORARIOS DE ATENCION DO DPTO. DE ORIENTACIÓN CURSO 23-24

MEMBROS DO DEPARTAMENTO. Curso 2023-24

  • Carlos Enrique Gallo Sevilla (xefe do departamento de orientación)

  • Mª Isabel Blanco Nespereira (orientadora)

  • Mª Josefa Castro Mangana (especialista de pedagoxía terapéutica)

  • Lorena Barandela Prieto (especialista de pedagoxía terapéutica)

  • Lucía España Fariñas (especialista de pedagoxía terapéutica)

  • Mónica Rodríguez Martínez (especialista de audición e linguaxe)

 

ISO NON SE PREGUNTA

Dentro da programación das I Xornadas pola Diversidade, onte tivemos a honra de escoitar no noso centro ao profesor e activista ÉRIC DOPAZO,
Previamente e sen ningún tipo de censura, o alumnado formulou todas aquelas preguntas, dúbidas, inquedanzas... que tiña a cerca da diversidade. e onte, no Paraninfo, Éric, dun xeito ameno, divertido e moi, moi didáctico, foi contestando cada unha delas.
O noso centro, cada vez máis inclusivo; cada vez máis seguro.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

I XORNADAS POLA DIVERSIDADE

Co obxectivo de facer do noso centro un lugar máis inclusivo e seguro, onte botaban a andar a I Xornadas pola diversidade cunha charla ben interesante do noso compañeiro Enzo Sarmiento. Que necesarias son estas xuntanzas que nos forman e informan, que nos fan reflexionar, que nos fan empatizar con todas aquelas persoas que non son iguais a nós. Cantos somos e que diversxs somos! Viva a diversidade!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

2 de abril, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

No IES Otero Pedrayo queremos darlle visibilidade.
No IES Otero Pedrayo queremos unha sociedade inclusiva, diversa, con igualdade de oportunidades, xusta.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

XORNADAS POLA IGUALDADE 2024

Na semana do 8M, Día Internacional da Muller, botan a andar no IES Otero Pedrayo as VI Xornadas pola Igualdade.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ALCOL E DROGAS NA MOBILIDADE SEGURA

 

Grazas á Concellaría de Educación e á Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, un ano máis o alumnado de 4º da ESO puido asistir a unha charla-obradoiro sobre a importancia de movernos de xeito seguro, vaiamos en bicicleta, moto, coche, patín ou calquera outro medio.
Os nosos rapaces e rapazas, a través de lentes de simulación, puideron comprobar os efectos do alcol e das drogas en primeira persoa, así como facer as probas grazas aos etilómetros e drogotest que os axentes trouxeron ao centro.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CURRICULO MATERIAS OPTATIVAS 3º E 4º ESO E 1º E 2º BACH

ENGÁNCHATE AO VOLUNTARIADO!

A través de APES (Asociación para a prevención e educación social) o alumnado de 1º ESO puido asistir esta semana a unha charla impartida por catro persoas reclusas do cárcere de Pereiro na que se falou sobre a importancia do voluntariado como alternativa para favorecer o desenvolvemento e as relacións sociais, desde unha visión positiva e comprometida coa comunidade. Ademais, tamén se insistiu en como o voluntariado é unha ferrramenta eficaz para previr a aparición de condutas de risco, ao mesmo tempo que fomenta hábitos positivos nas persoas. Charla impactante e moi, moi necesaria.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut