Skip to Content

Matemáticas

MEMBROS DPTO. DE MATEMÁTICAS CURSO 23/24

  • Dona Rosa María Pinal Fariñas (xefa de departamento).

  • D. Miguel Ángel Álvarez García.

  • Dona Rosa Mª Álvarez Nogueiras.

  • Dona Patricia Augusto Rúa.

  • Dona María Barreira Miranda.

  • Dona Marina Borrajo Iglesias.

  • Dona Emilia González Rodríguez.

  • D. Jose Luís Menor Seara.

 

 

PROGRAMACIÓNS DPTO. DE MATEMÁTICAS CURSO 23/24

14M, DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

O pasado xoves, o departamento de Matemáticas festexou o Día das Matemáticas con varias actividades. Todas elas están incluídas no Plan de innovación educativa, Plan Proxecta, "Donas de si".
- A directora e profesora da escola de Enxeñería Aeroespacial da UVigo, Nieves Lorenzo, visitou o Otero Pedrayo para agasallarnos coa charla "As mulleres que nos levaron á lúa", na que que fixo un percorrido por todas aquelas disciplinas nas que as mulleres foron imprescindibles para que o home puidera chegar á lúa. Todo un luxo poder contar con ela no noso centro.
- Proximamente, para complementar a charla, o IES Otero Pedrayo contará coa exposición "As mulleres que nos levaron á lúa".
- Exposición fotográfica matemática. Loce no corredor do edificio histórico unha magnífica exposición fotográfica realizada polo noso alumnado no que se manifestan as matemáticas na nosa natureza, nas nosas construcións, no noso día a día. O 14 de marzo (14-3) foron entregados os premios ás gañadoras. Parabéns!
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS

Iago Bautista, Samuel Rodríguez, Noa Carnero e Rodrigo Martínez, de 2º ESO, participaban onte na Olimpíada Matemática celebrada no CFR de Ourense. Foi unha mañá de números... e diversión! Parabéns!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

14M, DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

Desde o 2019, a UNESCO declarou o 14 de marzo como o Día Internacional das Matemáticas que, en moitos países e dende hai moito tempo, xa se viña celebrando como do Día de Pi (14 de marzo (3/14).
O Departamento de Matemáticas do Otero organizou diferentes actos arredor desta data:
- Exposición en banda deseñada de "Mulleres matemáticas ao longo da historia", facendo coincidir a inauguración co Día da Muller.
- Conferencia da matemática Rosa M. Crujeiras, directora do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMaga).
- "Outras matemáticas": obradoiros de papiroflexia, fractais, pasatempos, lecturas...
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

O alumnado de 1º BAC volve participar este ano no "Explícoche Matemáticas 2.0", polo que precisa moitos, moitos likes. Escoitade as explicacións magníficas destes dous vídeos e... dádelle ao ´Gústame´! Mil grazas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RALLY MATEMÁTICO. FASE GALEGA. 2º POSTO PARA O IES OTERO PEDRAYO!

O pasado venres, os 8 alumnos e alumnas clasificadas na fase provincial, acudían a Santiago de Compostela para participar na Fase Galega do Rally matemático e Científico 2022. O noso alumnado estivo brillante e conseguiu un merecidísimo segundo posto.
Parabéns para eles e elas e parabéns, tamén, para o seu profesorado de Matemáticas.
Grazas, Laura e Miguel Ángel.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS

 
Esta semana, dous grupos de 1º ESO, un grupo de 2º ESO, dous de 3º ESO e tres de 4º ESO participaban no Proba de Centros do Rally Matemático sen Fronteiras. Foi unha tarde de nervos, traballo cooperativo e moita, moita ilusión. Os resultados han de ser excelentes, que ben merecidos os teñen.
Grazas ao Departamento de Matemáticas polo voso bo facer.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONFERENCIA DA DECANA DE MATEMÁTICAS

A decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, HELENA VÁZAQUEZ CENDÓN, visitou hoxe o IES Otero Pedrayo para dar a conferencia "As matemáticas dunha ourensá: paixón, docencia e simulación". Estivo brillante!
 
Ademais, puido ver a exposición "Con M de Matemática" que loce no corredor central do noso instituto, confeccionada polo alumnado da ESO, acompañada do noso alumnado.
Por último, tivo encontro con todos os nosos rapaces e rapazas que cursan matemáticas, recorreu as aulas e falou con eles. Todo un luxo para o Otero Pedrayo.
 
A actividade enmárcase dentro da programación do DÍA DAS MATEMÁTICAS, que se celebrará o próximo luns, 14 de marzo.
 
Grazas ao Departamento de Matemáticas polo seu bo facer. Sempre.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CON M DE MATEMÁTICA

 

Coa exposición 'Con M de Matemática' arranca a programación deste ano arredor do 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O noso alumnado fixo un traballo de investigación magnífico sobre a muller matemática, silenciada durante tantos séculos. Grazas ao Dpto. de Matemáticas, Rosa Álvarez, Emilia González, Rosa Pinal, Marina Borrajo, Miguel Álvarez e Laura Rodríguez, por este tipo de iniciativas. Que sorte para o instituto poder contar con tan grandes profesionais!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut