Skip to Content

Actividades

DÍA DA POESÍA

 Recital da poeta SILVIA PENAS, selección de obra poética, "caixa de poemas", reinterpretando a Lorca... A semana da poesía non puido ser máis linda..

 

 

Microrrelatos elaborados e recitados por alumnado de 4º de ESO, a partir do verso de Lorca

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

CLUB DE LECTURA AFOUTEZA

O noso club de persoas adultas enriqueceuse, se cabe, un pouquiño máis coa incorporación de usuarios do Centro Interxeracional da Farixa. Canto aportan os nosos maiores! A reunión de onte foi toooodo unha ledicia... Picade no blog da nosa biblioteca e coñecede a Luz, unha muller que fai honra ao seu nome.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEN CANCELAS, no IES Otero Pedrayo!

A exposición sen Cancelas, organizada polo Consello da Cultura Galega, chegou á biblioteca do Otero Pedrayo, como prólogo das Xornadas pola diversidade e coincidindo coas actividades do Día da Muller. Un gran traballo co que aprenderemos todas! Este é o menú que nos ofrecen:

 

1. A humanidade, unha especie diversa 

2. Da diferenza á disidencia 

3. As que saíron do curro

4. Camiños de ida e volta 

5. Chanzos cara á emancipación 

6. Achegas na igualdade de dereitos 

7. Referentes galegas de onte e de hoxe

CLUB DE LECTURA "OTERO DIVERSO"

A actividade da nosa biblioteca é un sen parar... Despois do club de lectura "Aleitando", para os máis pequechos de 1º ESO, a pasada semana reuniuse o club "Otero diverso", con Heartstopper, un libro que lle encanta ao noso alumnado. Botádelle un ollo ao seu blog que, de verdade que paga a pena.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O LIBRO DAS MARABILLAS

Onte, a prensa local facíase eco da fantástica presentación da tradución ao galego d´O libro das marabillas, de Marco Polo, que tivo lugar no IES Otero Pedrayo. Todo unha festa na que as persoas asistentes acudimos caracterizadas de cidadáns/ cidadás do vasto imperio mongol, na que gozamos coa magnífica presentación da tradutora, Maite Jiménez, e na que non faltou complicidade, risas e, por suposto, o espectacular viño traído directamente da corte do Gran Khan. Marabilloso o `libro das marabillas´!

 

 

IES OTERO PEDRAYO, ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

TERTULIAS LITERARIAS

O pasado martes, os e as participantes no club de lectura para adultos do IES Otero Pedrayo reuniámonos na biblioteca para charlar con Roberto Fernández sobre a súa novela "A inmoral doutora Cons", galardoada co Premio Blanco Amor de novela 2022.

Superstición, poder, muller, Pazos de Arenteiro, lingua, ténicas de escrita, humor, ambigüidade... A interacción autor-lector sempre funciona!
 
Grazas ao autor por acompañarnos e, de novo, grazas ao súper equipo da biblioteca do Otero Pedrayo por organizala.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MES DA CIENCIA

Onte rematou novembro, Mes da Ciencia, pero as actividades científicas seguen no IES Otero Pedrayo. A nosa Biblioteca, coa colaboración doutros departamentos (nomeadamente o de Bioloxía, nesta ocasión), aínda ten programados retos científicos (terceiro nivel), exposición de proxectos feitos por alumnas de 1º BAC (gañadoras de importantes premios en cursos pasados), ademais de prolongar a exposición sobre libros de ciencia en galego e castelán ou a exposición Mulleres científicas da Universidade de Vigo: "Quero ser cientíifica".
Despois de todo, quedan reflexións interesantes no aire como: A reivindicación da ciencia en galego non debería ir acompañada da impartición das aulas das materias que se consideran máis científicas tamén en galego?
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 

JUAN TALLÓN

O escritor de Rewind ou Obra Maestra encontrábase hoxe na nosa biblioteca con alumnado de 1º BAC para falar do proceso creativo dun escritor. Unha charla ben interesante na que os nosos rapaces e rapazas participaron facendo todo tipo de preguntas.
Grazas, Juan Tallón, polo ben que queres o noso centro. É unha honra.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SAMAIN 23

Concurso de microrrelatos de medo, exposición con textos terroríficos, mostra de obras de temática de ultratumba, seres vidos do máis alá deambulando polos nosos corredores... O Otero Pedrayo non esperou á noite de Defuntos... A mañá de onte foi... de medo!
Grazas ao equipo de biblioteca e ao equipo de dinamización lingüística polo traballo.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEMANA DAS ESCRITORAS

Esta semana celebramos o Día das escritoras no Otero Pedrayo, coa lectura das nosas escritoras durante o proxecto lector. Ademais, tivemos presentación sobre a efeméride, exposición de libros no corredor da biblioteca e unha magnífica exposición sobre a primeira poeta da literatura occidental da que conservamos poemas: Safo.
Unha vez máis, grazas ao equipo da biblioteca.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut