Skip to Content

Actividades

ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado venres, en Santiago de Compostela, producíase un novo encontro das Bibliotecas escolares de Galicia, no que o IES Otero Pedrayo puido presentar parte do seu proxecto.
Porque as bibliotecas son fundamentais nun centro.
Porque a lectura é fundamental na vida.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, no Otero, recitamos poesía. De diferentes autores e autoras, en diferentes linguas, pero coa mesma emoción. Sempre poesía.
Grazas á Biblioteca por organizar esta actividade tan bonita. Tamén pola nova sección "Poesía para todos os gustos" e por esa presentación tan chula.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

14 DE FEBREIRO

A nosa Biblioteca organizou todo un 14 de febreiro cheo de amor! No blog podedes ver algunhas das actividades.
Tamén o taboleiro de San Valentín tivo moito éxito. Porque non hai nada máis bonito ca querer...
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LENDO POLA PAZ

 
Seguimos lendo pola PAZ e contra as violencias.
Compartimos convosco a selección que a nosa Biblioteca preparou para toda a comunidade educativa e animámosvos á lectura dalgún deles (ou todos!).
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

"CONSTRUÍNDO O UNIVERSO DESDE OURENSE. O SIGNIFICADO DE NÓS"

Desde a semana pasada loce nun dos patios interiores do noso centro a Exposición Nós, que non só conmemora o centenario da Revista Nós, senón que tamén recolle importante información sobre os escritores desta xeración tan relevante para a cultura de Galicia e, máis especificamente, para a provincia de Ourense. 

Grazas á Fundación Vicente Risco por elaborar este tipo de material tan interesante para o noso alumnado e grazas, tamén, ao Concello de Ourense por cedérnola durante este mes de novembro

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS NO OTERO PEDRAYO

Lémolas, coñecémolas, reivindicámolas.

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONTIGO NA NUBE

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo participou na VIII Semana Escolar Provincial organizada pola Deputación de Ourense, desta volta centrada no acoso escolar e a violencia de xénero. O noso alumnado de 3° e 4° da ESO leu a novela de Xosé A. Perozo coa que foi agasallado, "Contigo na nube", e agora traballará o contido do libro e exporá os seus traballos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

OUTUBRO

O apaixoante mundo do saber.

Consulta as seccións

Distribuir contido


by Dr. Radut