Skip to Content

ABAU 2024. NORABOA RAPACES E RAPAZAS

94,8% DE APROBADOS NAS ABAU 2024 e 10 DOS NOSOS ALUMNOS/AS ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES de GALICIA

Parabéns ao noso alumnado de 2º BAC polos magníficos resultados acadados nas probas ABAU 2024. Sodes excelentes!
Máis parabéns, aínda, para os 10 alumnos e alumnas do Otero Pedrayo recoñecidos/as polas 3 universidades galegas por estar entre os MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA. O vindeiro venres, 21 de xuño, asistirán ao acto de recoñecemento MEGABAU 2024, no Coliseum da cidade da Coruña. Todo un orgullo!
  • PAULA ANDRÉS DIÉGUEZ
  • TANIA BARREDA CID
  • SARA CALVO FERNÁNDEZ
  • XOEL CID MOJÓN
  • PABLO DOMÍNGUEZ ESTÉVEZ
  • SARA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
  • LUCÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
  • CARMEN LUCÍA SEOANE
  • CELIA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
  • JIMENA SOTO FERNÁNDEZ

Hoxe repetimos ben alto:

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 

VIAXE CULTURARL PICOS DE EUROPA 2º ESO 23-24

Información sobre a viaxe cultural do alumnado de 2º ESO (fai clic aquí ou na imaxe)

 

SAÍDA DIDÁCTICA LONDRES 4º ESO 23-24

Deixamos o guion da viaxe cultural que o alumnado realizarán a Londres nos próximos días. Calquera dúbida podédesvos poñer en contacto co centro.

SAÍDA DIDÁCTICA 3º ESO PORTO 23-24

Deixamos o guion da viaxe cultural que o alumnado realizarán a O Porto nos próximos días. Calquera dúbida podédesvos poñer en contacto co centro.

GRADUACIÓN 23-24

Que velada tan bonita a que vivimos onte! O noso alumnado de 2º BAC vestiu de gala para despedir como se merece a súa etapa de secundaria: con música, con palabras desde o corazón, recordando todo o vivido e recollendo a banda e o seu título tan merecido. Que orgullo para o Otero Pedrayo ter contado cunha xeración coma a vosa! Continuade así, coas mesmas ganas, coa mesma ilusión, e o éxito terédelo asegurado.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> GRADUACION 23-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

 As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática: fondolibros.

 

Fin de curso 2023-24

Contacto Titorías e Profesorado 2023-24

Horas de atención a familias e correo electrónico de titores/as e profesorado no presente curso 2023-24.

É recomendable solicitar cita previa mediante os propios alumnos/as ou no teléfono do centro: 988220247

Contacto TITORÍAS

Contacto PROFESORADO

ACTIVIDADES FÍSICAS NO LECER

Este trimestre, voleibol.
Fomentando hábitos saudables!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE GREGO

 

A pasada semana, Lucía González, Nicolás Ferreira e Sebastián Rodríguez, de 2º BAC, participaban na Olimpíada de Grego desenvolvida na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Toda unha experiencia para o noso alumnado pre-universitario!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut