Skip to Content

CURSO DE CAPACITACION DIXITA. NIVEL BÁSICO

CLUB DE LECTURA "OTERO DIVERSO"

A actividade da nosa biblioteca é un sen parar... Despois do club de lectura "Aleitando", para os máis pequechos de 1º ESO, a pasada semana reuniuse o club "Otero diverso", con Heartstopper, un libro que lle encanta ao noso alumnado. Botádelle un ollo ao seu blog que, de verdade que paga a pena.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LES TROIS MOUSQUETAIRES

Co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra de escritores clásicos da lingua francesa e, ao mesmo tempo, disfrutar do teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimula a aprendizaxe en francés, o pasado xoves, os nosos rapaces e rapazas de francés de 3º e 4º ESO e 1º BAC Francés asistía ao auditorio provincial a ver "Les trois mousquetaires", baseada na novela de Alejandro Dumas, cun posterior coloquio que foi do máis interesante.
Grazas á Concellaría de Cultura por ofrecernos esta actividade tan didáctica e tan demandada polo noso alumando
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XORNADAS POLA IGUALDADE 2024

Na semana do 8M, Día Internacional da Muller, botan a andar no IES Otero Pedrayo as VI Xornadas pola Igualdade.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo acolleu o pasado venres a celebración da fase autómica galega da XIX Olimpíada de Bioloxía, na que participaron 80 estudantes de 39 institutos das catro provincias; un deses centros foi o Otero Pedrayo, representado por 4 alumnas de 2º BAC. Foi todo unha experiencia para elas!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O DRAGÓN DE OURO

O pasado venres, o alumnado de 3º ESO desprazábase ao Teatro Principal para asistir á estrea de "O dragón de ouro", de Sarabela Teatro, unha obra que aborda temas tan actuais como a inmigración ou a prostitución forzada. A obra está baseada no libro do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, un dos máis representados no mundo, traducido ao galego por primeira vez, baixo a dirección de Anxeles Cuña.
Todo un luxo para o Otero Pedrayo poder asistir á estrea.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIAXE A ITALIA

Alumnado de Humanidades de 1º BAC participou, xunto con outros oito institutos galegos, na viaxe a Italia organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.
Foron oito días marabillosos, cheos de emocións e de moita aprendizaxe, nos que visitaron os principais lugares de Roma e saborearon o ambiente da cidade eterna; chegaron ata Capua, Nápoles, Pompeia e Herculano, Cumas e a menos coñecida e espectacular Pozzuoli.
Ao regreso, as súas caras sorrintes e algunhas bágoas pola separción das novas amizades eran a proba de que os esforzos das súas familias, da organización, dos centros, pagaran a pena.
Unha viaxe inesquecible.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN STEMBACH

Hoxe, na Fundación Ramón Otero Pedrayo, o noso alumnado de 2º STEMBACH presentaba dous novos traballos de investigación.
Por un lado, Lucía González Vázquez, titorizada pola profesora do noso centro Elvira Moroño e o profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela, facía unha defensa brillante do seu traballo "Poesía e xeografía en Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar", na que mesturou novas tecnoloxías (a xeolocalización da toponimia da Bocarribeira) e a literatura.
Por outro lado, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez, titorizadas polo profesor do centro Daniel Lorenzo Valdivieso e a profesora da Universidade de Vigo Susana Reboreda Murillo, presentaron "Otero Pedrayo alumno. Traxectoria no centro que leva o seu nome", un traballo excelente no que revelaron, con respecto á figura de don Ramón, os datos obtidos do vaciado do arquivo do IES Otero Pedrayo (1898-1905). Rematou a exposición, coa entrega de copias de toda esta nova documentación á Fundación.
Dicía o presidente de fundación, D. Eduardo López Pereira, que don Ramón estaría feliz vendo a estas investigadoras mozas na súa casa, falando da súa obra e da súa persoa. Nós non temos ningunha dúbida de que así sería. Grazas á Fundación por acollelas-acollernos nun día tan emocionante como o de hoxe.
E parabéns alumnas, parabéns profesorado titor. Traballo excelente.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA DE ROSALÍA

Coa alborada de Rosalía a violín máis voz, a lectura do manifesto e unha segunda alborada a gaita celebramos no IES Otero Pedrayo os 187 anos do nacemento da nosa autora máis universal.
No Otero, sempre con Rosalía.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN STEMBACH

O pasado martes, os alumnos de 2º BAC Alexandre Conde Julián e Raúl Dapía Justo defendían no Paraninfo do IES Otero Pedrayo o seu traballo de investigación "¿Racismo en los libros de texto? Una reflexión narrativa-visual", dentro do marco STEMBACH.

Nel analizaron e compararon como se trata o tema das razas humanas en dous libros de texto separados por case un século: un de Historia Natural do ano 1910 e outro de Antropoloxía do 2009. Foi unha exposición magnífica, avalada por un traballo magnífico.

Grazas ás titoras da Universidade de Vigo, María Esther Martínez Figueira e Silvia Sierra Martínez, así como á titora do IES Otero Pedrayo, Mª del Pilar Rodríguez Vázquez, por guiar ao noso alumnado na consecución dun traballo de excelencia como o exposto. Grazas, tamén, ao tribunal por outorgarlle a máxima nota aos nosos alumnos.

Mil parabéns Alexandre; mil parabéns Raúl. Orgullo de alumnado!

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut