Skip to Content

14M, DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

O pasado xoves, o departamento de Matemáticas festexou o Día das Matemáticas con varias actividades. Todas elas están incluídas no Plan de innovación educativa, Plan Proxecta, "Donas de si".
- A directora e profesora da escola de Enxeñería Aeroespacial da UVigo, Nieves Lorenzo, visitou o Otero Pedrayo para agasallarnos coa charla "As mulleres que nos levaron á lúa", na que que fixo un percorrido por todas aquelas disciplinas nas que as mulleres foron imprescindibles para que o home puidera chegar á lúa. Todo un luxo poder contar con ela no noso centro.
- Proximamente, para complementar a charla, o IES Otero Pedrayo contará coa exposición "As mulleres que nos levaron á lúa".
- Exposición fotográfica matemática. Loce no corredor do edificio histórico unha magnífica exposición fotográfica realizada polo noso alumnado no que se manifestan as matemáticas na nosa natureza, nas nosas construcións, no noso día a día. O 14 de marzo (14-3) foron entregados os premios ás gañadoras. Parabéns!
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE


story | by Dr. Radut