Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

VERSOS NA RUA

24 de febreiro, DÍA de ROSALÍA 

 

 

Así locen os versos de Rosalía no paso de peóns entrambos edificios do IES Otero Pedrayo. Traballo magnífico da nosa rapazada! 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RECUPERACIÓN DE PENDENTES

Cambio data exame 2º parcial

Lingua galega e literatura pendentes de 1º bacharelato

Martes, 6 de abril 10.10 h Aula 14

 

(O exame final está datado para o 13 de abril ás 12 horas, na aula B3)

CHARLA FEDERICO PÉREZ

O actor, guionista, monologuista e filólogo Federico Pérez fíxolle onte unha visita virtual ao Otero Pedrayo!
A nosa rapazada puido preguntarlle polo seu papel dentro de series xa clásicas como "Padre Casares", "Libro de familia", "Mareas vivas", "Air Galicia", "Era visto!"..., pero tamén pola súa interpretación naquelas de última actualidade, como a exitosa "El desorden que dejas". Pulsamos o estado actual do cineme galego e comentamos o magnífico elenco de actores e actrices cos que podemos contar na nosa terriña.
Grazas, Fede, por estar SEMPRE.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

FOTOS E COVID

No IES Otero Pedrayo, fíxose hoxe entrega dos premios ás mellores 'fotografías con lema' presentadas ao concurso "Fotos e Covid", convocado polo Equipo de Dinamización Lingúïstica.
Noraboa a Elías González e Sandra Rodríguez por eses primeiros premios na categoría da ESO e BAC, respectivamente, así como ao resto dos compañeiros e compañeiras que se fixeron cos segundo e cos varios terceiros premios. Grazas, ademais, a todos os/as participantes por construír unha exposición tan bonita. Que orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CONTIGO NA NUBE

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo participou na VIII Semana Escolar Provincial organizada pola Deputación de Ourense, desta volta centrada no acoso escolar e a violencia de xénero. O noso alumnado de 3° e 4° da ESO leu a novela de Xosé A. Perozo coa que foi agasallado, "Contigo na nube", e agora traballará o contido do libro e exporá os seus traballos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

GALICIA, DE NÓS A NOS

Dentro da programación polo centenario da revista e o grupo Nós, o alumnado do IES Otero Pedrayo puido visitar a semana pasada a exposición "Galicia, de Nós a nós", que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós. O obxectivo é destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega. Iso si, a visita fixémola en liña, desde o noso Paraninfo, e gardando todas as medidas de seguridade. A educación e a cultura son seguras.

 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Comezamos a celebración coa lectura do manifesto, disfrutamos da exposición de caligramas feitos pola nosa rapazada e tivemos un acto central no Paraninfo. Neste mostramos os 15 mellores videopoemas presentados ao concurso convocado co gallo da efeméride, escoitamos á Rosalía máis internacional coa lectura de poemas en rumano, en inglés, en francés, en alemán, en portugués… e gozamos coas diferentes versións musicais dos seus poemas. Pór en valor a figura de Rosalía de Castro é unha obriga no noso ensino. Grazas ao Departamento de Dinamización por esta xornada de achegamento a ela.

 

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ARANTZA PORTABALES

 

O luns, 10 de febreiro,  visitaba o noso centro Arantza Portabales, autora de Beleza Vermella. É un luxo para o Otero Pedrayo contar con escritoras da súa calidade literaria e, sobre todo, da súa calidade humana. Grazas, Arantza, por compartir o teu tempo co noso alumnado.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut