Skip to Content

Taboleiro

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR. COMEZO DO PERÍODO DE INSCRICIÓN DA CONVOCATORIA 2022

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria.

Todo o alumnado que xa recibiu a axuda de material escolar no presente curso non é preciso que pida esta axuda, xa se lle dará sen ter que solicitalas. 

O alumnado que non recibiu axuda de material, por non pedila ou por quedar excluído, pode solicitala sempre que cumpra as condicións que establece a normativa. (DOG do 12 de novembro)

As solicitudes deberán presentarse presencialmente na secretaría do centro. 

Deberán entregar:

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 26 de novembro de 2021.

CANDIDATURAS Á RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

A xunta electoral publicou no taboleiro do centro o día 15 do presente mes as candidaturas presentadas para a renovación do Consello Escolar.

Seguindo o calendario publicado o prazo de reclamacións de candidaturas remata o día 19 de novembro de 2021.

Poden consultar nas seguintes ligazóns as distintas candidaturas.

Relación candidaturas pais e nais

Relación candidaturas alumnado

Relación candidaturas profesorado

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

Neste curso académico no IES O Ribeiro renóvase parcialmente o Consello Escolar.

 

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes) terá lugar o próximo mércores 27 de outubro ás 11:10 no salón de actos do edificio Ribeiro.

 

O día 2 de novembro terá lugar a primeira reunión (constitución) da Xunta Electoral, aprobación do calendario de votacións para cada sector, publicación dos censos e apertura do prazo de admisión de candidaturas.

TRANSPORTE ESCOLAR

Comunicamos que dende a CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE nos informan que o alumnado de bacharelato e ciclos medios e superiores de FP que estean usando o transporte escolar poderá viaxar coa tarxeta Xente Nova. Terán que solicitala en calquera sucursal de Abanca.

Máis información na web: https://www.bus.gal/gl

COMEZO DO CURSO 21-22

EDIFICIO O RIBEIRO

Mañá 15 de setembro comezarán as clases en horario normal de 8:40 a 14:10 para todos os cursos da ESO e Bacharelato.

EDIFICIO ABRENTE

Mañá 15 de setembro comenzarán as clases en horario normal de 8:40 a 14:10 para a FPB (Formación Profesional Básica).

O alumnado dos ciclos medios e superior terán un acto de presentación ás 11:30h.

ABALARMÓBIL

 A aplicación abalarMóbil estase actualizando cos datos do novo curso académico polo que dita aplicación non funcionará de maneira correcta ata que pasen uns días. Perdoen as molestias.

INFORMACIÓN CAFETERÍA

Trala conversación mantida co Servizo Xurídico e Técnico/Administrativo, Programación e Contratación da Delegación de Ourense, comunícannos que a licitación da cafetería do edificio Ribeiro aínda non comezou. Os prazos de dita licitación son, como mínimo, de tres meses. Por este motivo non poderemos dispor, ata novo aviso, deste servizo.

Aproveitamos este comunicado para informar de que o alumnado que non faga uso do servizo de comedor non poderá permanecer nas instalacións do centro os luns de 14:10 a 16:00 h.

Neste intervalo o centro permanecerá pechado.

Distribuir contido


by Dr. Radut