Novas

VISITA A MEIRANDE E AS SALINAS DO ULLÓ

Na visita a MEIRANDE (Centro de Interprestación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande) o noso alumnado aprendeu moitísimo sobre a famosa batalla de Rande dende un punto de vista histórico e dende un punto de vista tecnolóxico, onde de primeira mán observaron (e explicóuselles como funcionaban) ferramentas da época para calcular a posición dos barcos (astrolabio esférico, cuadrante, ballestilla, compás, etc.) e diversas armas, destacando sobretodo os canóns dos barcos.

Por outra banda, tamén souberon da historia da “Fábrica do alemán” (lugar onde está ubicado na actualidade o museo), e puideron analizar polo miudo as distintas maquinarias que quedaron abandonadas cando a fábrica pechou no 1955, sobresaindo pola sua importancia as autoclaves, unha prensa manual, unha enlatadora e dúas enormes máquinas xeradoras de electricidade.

 

Na visita as Salinas do Ulló, o alumnado puido pasear pola contorna, disfrutar da diversidade de fauna e flora da enseada de San Simón, perderse polas ruinas da antiga fábrica de salazón é aprender do funcionamento do antigo muiño de mareas alí ubicado. 

 

 

 

 

BOLSAS DE ESTUDO

Aberto o prazo para solicitar bolsas de estudo para estudos universitarios e non universitarios no curso 2024/2025.

Acceso á convocatoria

Calendario de prazos

    • O prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

    • O prazo para pedir a axuda de necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 espérase que comece en maio de 2024.

 

Tipos de bolsas

Para que estudos podes solicitar unha bolsa

Curso 2024 / 2025 

    • Bacharelato

    • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

    • Ensinos artísticos: profesionais e superiores

    • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

    • Ensinos deportivos

    • Estudos relixiosos superiores

    • Formación Profesional de Grao Básico

Estudos universitarios comprendidos na convocatoria:

    • Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)

    • Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Están incluídos:

        ◦ Os estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil,

        ◦ Créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao.

Non se inclúen nesta convocatoria de bolsas:

    • Estudos de terceiro ciclo ou doutoramento,

    • Estudos de especialización,

    • Títulos propios das universidades.

Visita ao Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur (IISGS)

O venres 8 de marzo os alumnos e alumnas de bioloxía de 2º de bacharelato visitaron as instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur (IISGS) do hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo. Neste centro puideron ver diferentes técnicas e instrumentos de laboratorio cos que se traballa para investigar sobre enfermidades nos hospitais, polo que foron guiados polos departamentos de cultivo celular, de tecidos, xenómica e viron un dos poucos bancos de cerebros que existen a nivel nacional.

 

Investigando un crime

O venres 1 de marzo o alumnado de Bioloxía de 1ºBacharelato viaxou ata A Coruña, concretamente á Domus, para asistir a un taller sobre a investigación dun crime. Resolveron o caso no laboratorio do museo, realizando procedementos básicos e unha serie de técnicas non dispoñibles nos centros educativos como PCR, electroforese ou lámparas ultravioleta. Ao rematar puideron desfrutar das actividades interactivas do museo.

 

 

Procedemento admisión para o curso 24/25

 

Solicitude de Admisión

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Ligazóns:

 
 

Intelixencia artificial de peto

O alumnado de ciclo medio de sistemas microinformáticos e redes (SMR) asistiu o día 20 de febreiro pola tarde a unha charla de divulgación científica titulada “Intelixencia artificial de peto”, impartida por Manuel Vilares Ferro, Catedrático de Universidade na Escola Superior de Enxeñaría Informática.

Nela puideron analizar diferentes perspectivas do concepto de intelixencia artificial fronte a intelixencia natural, e a súa íntima relación coa linguaxe e a comunicación dos seres humanos.

Por último viron a demostración dunha contorna de IA capaz de resolver problemas comunmente asociados ao concepto de «intelixencia».

 

Publicado o baremo das solicitudes de Erasmus+ 2023-24

Achégase o resultado da avaliación das solicitudes de movilidade Erasmus+ para o curso 2023-24.

A listaxe de seleccionados é:

  • Eva María Otero Názara SMR2
  • Juan Antonio Rodiño Valladares SMR2
  • Ethan Vidal Redondo SMR2
  • Brais Triñanes Lois SMR2
  • Hugo Dopico Rebollo SMR2
  • Iago Prack Agraso FPB2
  • Osansi Julián Miniño Zamora FPB2
  • Sergio Viñas Rios FPB2

Achégase tamén o pdf do baremo.

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024:

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

 

Distribuir contido