O Grove

 Bouzas, 22  -  Apdo. Correos 88 - 36980 O GROVE (Pontevedra)

 Tf: 886151412  -  Fax: 886151417  -  email: ies.monte.vila@edu.xunta.es

Reclamación de cualificacións

RECLAMACIÓNS CURSO 2020/21

As datas e o procedemento para a reclamación de cualificacións para o curso 2020/21 son as seguintes:

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA ORDINARIA

Reclamación no centro: 19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 21 de xuño ás 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 21 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 24 e 25 de maio ata as 14h.

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

RECLAMACIÓN ESO, 1º BACH e FP – CONVOCATORIA ORDINARIA

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h)

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

Prematrícula Curso 2021/22 - Información

ITINERARIOS

Podedes consultar os itinerarios da ESO e os itinerarios de Bacharelato 

PREMATRÍCULA

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.


1º ESO

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF) (Word)


2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF) (Word)

OptatividadeFrancés


3º ESO

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF) (Word)

Troncais de opción: Matemáticas académicas   Matemáticas Académicas Sección Bilíngüe  Matemáticas Aplicadas.

Materias específicas:     Cultura clásica      Francés      


4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF) (Word)

Troncais de opción (académicas):    

Troncais de opción (aplicadas):

Específicas:


1º BAC

Impreso prematrícula 1º BACH (PDF) (Word)

Troncais de opción

Específicas:  

Libre configuración:  


2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH CCNN, CCSS, Humanidades (PDF) (Word)

Impreso prematrícula 2º BACH Artes (PDF) (Word)

Troncais de opción:  

Específicas:  

Libre configuración


Sistemas Microinformáticos e Redes

Información xeral sobre o grado medio de Formación Profesional


Máis información en DEPARTAMENTOS

Dubidas que estudar?

Bota unha ollada á sección de Orientación académica e profesional do Departamento de Orientación.

En particular, recomendamos:

Encontros coas Universidades de Galicia

O 16 de Marzo, Magdalena Domínguez e Luís Muñoz da Universidade de Vigo expuxeron a oferta educativa da súa universidade e contaron os detalles da convocatoria da ABAU. O Luns 22 da Marzo, Luis Quintela da Universidade de Santiago achegouse ó instituto para falarnos da oferta educativa da mesma e da ABAU. 

A marabillosa historia do descubrimento dos fármacos

O venres 5 de marzo volvemos a ter unha visita do conferenciante Alberto José Coelho Cotón, docente e investigador do Departamento de Química Orgánica da USC esta vez cunha charla sobre o descubrimento dos fármacos a que asistiu o alumnado de Ciencias aplicadas de 4º C.
A charla comezou ca definición de droga, principio activo e medicamento sinalando a diferencia entre os tres. De seguido, o relator fixo fincapé na importancia (sobre todo no momento en que vivimos) da hixiene e como o longo dos séculos esta importancia foi destacada por científicos e médicos ca experimentación e constatación de diminución de mortalidade nos distintos escenarios.

A charla desenvolveuse a continuación destacando descubrimentos importantes na industria farmacéutica sinalando descubridor e principio activo así como que en descubrimentos como a penicilina ( Alexander Fleming en 1928), a warfarina (Karl Link en 1940) …. tivo moita importancia un concepto como é a “serendipia” (Achado valioso que se produce de maneira accidental ou casual).

Entroido

A semana do 8 ao 12 de febreiro desfrutamos dun entroido pouco corrente no Monte da Vila. A pesar de non poder organizar comparsas como en anos anteriores, fixemos desafíos de disfraces diarios e cada clase escolleu unha temática para disfrazarse o venres. Atopamos moita participación e ganas de rachar coa rutina! 
 
2º ESO C gañou por partida dobre. Non soamente recibiron a puntuación máis alta nos retos diarios, senón que coa súa temática de fútbol americano para o venres aquilo pareceu a Super Bowl

Procedemento de admisión curso 2021/22

Faise público o procedemento de admisión do IES Monte da Vila para o curso 2021/2022 para ESO e Bacharelato.

Datas:

  • Presentación de solicitudes do 1 ó 22 de marzo.
  • Resolución provisional antes do 25 de abril.
  • Resolución definitiva antes do 15 de maio.
  • Matrícula:
    • 25 de xuño ó 10 de xullo (prazo ordinario).
    • 1 ó 10 de septembro (prazo extraordinario). 

O número de prazas e os detalles do procedemento poden consultarse no ficheiro adxunto.

COVID-19: Historia dunha pandemia. Leccións por aprender.

O venres 12 de febreiro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º Bacharelato tivo unha charla con Alberto José Coelho Cotón, docente e investigador do Departamento de Química Organica da USC.

A charla versou sobre a pandemia que estamos a vivir, de aí a súa necesidade e utilidade. Para poñernos en contexto comezou contándonos como se viviron pandemias tan famosas como a Peste Negra ou a mal chamada Gripe Española. Seguidamente explicou, en xeral, que son os virus; a súa estrutura e funcionamento, incluíndo as famosas mutacións; vías de transmisión; e tratamentos dispoñíbeis. Isto permitiulle poñer o foco finalmente no SARS-CoV-2, pechando a xuntanza cun debate sobre a abordaxe política da pandemia, a seguridade da vacina e as medidas de prevención

Distribuir contido