DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Este curso celebramos de novo o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión centrámonos na formación de usuarios, para acercar ao alumnado de 1º de ESO á Biblioteca.

Despois de recibir unha explicación sobre a ubicación dos fondos, as alumnas e alumnos participaron nun concurso que tiña como obxectivo familiarizalos con estes fondos e ensinarlles o funcionamento da Biblioteca.