Teatro grecolatino

O alumnado de Latín e Grego de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC do IES de Monterroso asistirá ó Festival de Teatro Grecolatino que, como cada ano se celebra en Lugo. Ás 10.00 da mañá asistirán á obra "Aulularia" de Plauto e, pola tarde, ás 16.00 h a "Electra" de Sófocles. Unha boa ocasión para coñecer aos clásicos.