Día da Poesía

"Cos peitos desenchufados", poemario do galego afincado en Islandia, Elías Portela, é unha nova viaxe literaria baseada na imaxe poética, na súa forza e nas posibilidades da palabra. A reciclaxe, a cirurxía e a logotecnia compoñen un universo poético prmeable e complexo que só atopa a súa razón da existencia na creación dunha linguaxe propia.


O manuscrito ábrese indeciso


e os membros cápsicos do seu horto...

uns campanean e outros non


As badaladas máis enrubestecidas

condimentan o meu ventre



Hai variantes que son unha orxía

e hai variantes que son unha depilación ortográfica


Elías Portela