Aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas

Na praia da Madorra de Panxón, próxima a cidade de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. Un novo caso para o inspector Leo Caldas, por todos xa coñecido por ser o protagonista da primeira obra do autor galego Domingo Villar, "Ollos de auga". O inspector terá que sumerxirse no mundo mariñeiro e tratar de clarexar as continuas intrigas, tendo como fondo a fermosísima Ría de Vigo. "A praia dos afogados" é o libro comentado esta semana no clube de lectura "Enrédate coa lectura I" e, á vez, un libro moi lido entre os profes do centro.

Vexamos algunhas opinións sobre o mesmo:

Martín Coto opina: "É un libro moi bonito, con supersticións, aparecidos, pantasmas...Gústame o inspector Leo Caldas, sobre todo cando vai investigar e todo o mundo o coñece polo súas intervencións nun programa de radio"

Gabriel de Plástica opina: "Gustoume moito a novela, eu vivín na Ría de Vigo e sentinme coma si fose o protagonista percorrendo as rúas da cidade"

Reme de Galego opina: "Encantoume a novela. Domingo Villar mantén a intriga ata o final, mostra coñecer ben a maneira de ser dos galegos. Gustáronme moito as figuras de Leo Caldas, un policía con sensibilidade, e a do seu pai"

Mar de Inglés opina: "Gustoume moito esta novela porque mantén a intriga e co carácter engadido que sucede en Galicia. O tema mariñeiro e a viticultura están presentes na obra e os que vivimos no interior disfrutamos máis coas actividades da costa..."

Isabel de Sociais opina: "Encantoume a intriga mariñeira e xa me declaro unha gran fan de inspector Leo Caldas e de Domingo Villar, que coido teñen cousas en común. Pero, sobre todo, por coñecer ben a zona na que se desenvolve a acción, xa que eu son da ría de Vigo e disfrutei enormemente co percorrido na novela polas rúas da cidade, a alameda, as estradas cara as praias ... Maravillosa obra policíaca que nada ten que envexar á tan de moda novela nordica"

Aquí podedes ver unha entrevista feita recentemento ó autor: