Premio Concurso Nacional Bibliotecas Escolares

O Instituto de Monterroso conseguiu o segundo premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas Escolares.

 

Bibliotecas escolares de Galicia

 

O premio convocado polo Ministerio de Educación está dotado con 10.000 Euros. O concurso fomenta o esforzo das comunidades educativas para a transformación das súas bibliotecas en espazos de aprendizaxe e convivencia. Participaron mais de medio milleiro de centros de ensinanza primaria e secundaria de todo o país.

Recentemente realizáronse unhas reformas na biblioteca e estanse a mercar aproximadamente 1000 títulos anualmente. O grupo de traballo da biblioteca leva anos traballando para aumentar o interese do alumnado pola lectura.