O IES de Monterroso escollido "Centro Abalar"

O IES de Monterroso resultou elixido para participar no proxecto ABALAR

 

Proxecto abalar

 

O próximo curso escolar implicará substanciais novidades. En virtude deste plan impulsado pola Xunta para a implantación das novas tecnoloxías na educación, os alumnos de primeiro de secundaria disporán de computador portátil na aula.

Para estes alumnos que formarán parte do plan piloto, os equipos informáticos converteranse nunha ferramenta de traballo cotiá en todas as materias. A incorporación dos computadores non significará a eliminación dos libros de texto e os rapaces non poderán levar os portátiles ás súas casas.

Ademais dun aparello por alumno, cada aula beneficiada será equipada cun encerado dixital e cun portátil para os docentes. Ao mesmo tempo, os centros disporán da instalación necesaria para o correcto funcionamento destes dispositivos, desde redes wifi até canóns de imaxes.