Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Seguimos estudando as profundidades da terra. O manto (a capa de maior grosor da

terra), onde se atopa o que ata hai pouco se creía unha subcapa plástica chamada a

astenofera, e o núcleo, grazas ao cal o noso planeta está protexido polo campo magnético

que crea.


Achégovos un arquivo onde profundarizareis nestas cuestións.


Un saúdo

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Empezamos coa última semana de repaso.


A semana que vén está reservada para os exames que tengais que facer, noutras materias.


A vosa avaliación é o 8 de xuño.


Así que continuamos con repaso de exames tipo ABAU.


Achégovos preguntas do exámen modelo do 2020, e éste si o teneis que resolver para mañá.


Tamén vos engado un tipo test sobre catabolismo e anabolismo, e a plantilla de corrección da célula.Termina mañana  a las 2 de la tarde

https://quizizz.com/join?gc=8149500


Ánimo e seguir traballando.

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 25/05/2020

Bo día!

As actividades para 1ºBAC B de hoxe son as seguintes:

  1. Lectura da páxina 156 do libro onde vos explica as compoñentes e parámetros dun electrocardiograma.
  2. Actividade recollida no arquivo adxunto. Tedes que interpretar os electrocardiogramas que aparecen recollidos e dar un posible diagnóstico en base a eles.

A data de entrega é o venres 29/05/2020.

Esta semana temos clase en liña o mércores ás 12.30.

Un saúdo e ánimo coa semana! Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 25/05/2020

Bo luns a tod@s!

Para rematar os contidos relativos ao Reino Animal, esta semana tedes que facer un pequeno traballo. As instruccións están recollidas no documento que vos deixo como adxunto.

Lede ben as normas da actividade e, como vos digo nese documento, preguntade todas as dúbidas que teñades.

É unha actividade final, que nos serve para repasar todo o visto sobre animais. Facédea con calma e ben, completando todos os apartados.

Tedes de prazo para entregala ata o xoves 28 de Maio.

Nas clases en liña desta semana faremos algún xogo/actividade para repasar o Reino Animal (vertebrados e invertebrados). Dádelle un repaso á teoría antes de ter clase.

Boa semana!

Un saúdo Sorriso

Avisos importantes:

  1. Tedes na páxina principal do IES unha nota sobre os días e horas aos que podedes ir ao centro a recoller o material que vos quedou na clase.
  2. Para os que tedes os cadernos de recuperación: hai un erro na puntuación da 1ª actividade: cada apartado desa actividade suma 0.25 puntos, en lugar dos 0.20 que aparecen recollidos no caderno.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Continuamos coa estrutura terrestre, hoxe imos comparar o modelo dinámico e o

xeoquímico,veremos as diferenzas entre a cortiza terrestre e oceánica, e para iso achégovos o

seguinte arquivo.

Como sempre, enviar as actividades  a partir  28-5 ata 29-5


Ánimo e seguir traballando.

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 22/05/2020

Bo día!

As actividades para hoxe son:

  1. Lectura das páxinas do libro de texto sobre patoloxías do sistema vascular e relación deste sistema co exercicio. (p.162-165)
  2. Quizizz sobre eses contidos. https://quizizz.com/join?gc=8404538

Lembrade que hoxe tedes que entregar a práctica sobre a análise de sangue.

O cuestionario o tedes aberto ata o luns ás 12h (só terei en conta o 1º intento e poñede o voso nome e primeiro apelido).

Que teñades boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: entre hoxe e o luns publicareivos no blogue o vídeo dos mandalas.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:
Hoxe é a cuarta sesión da semana e achégovos un arquivo, con cuestións tipo ciuga da célula.


Tamén vos subo un arquivo onde pon as preguntas do quizizz por si tivestes algún problema, aínda

que desta vez podeis ver as solucións ao terminar o cuestionario.


Ánimo e seguir traballando

BIOLOXÍA 1º ESO B: 21/05/2020

Bo día!

As actividades de hoxe para 1ºESO B son:

Recórdovos que o mércores durante a clase en liña comentaremos a infografía da ra (semana pasada) e máis esta que vos deixo hoxe. 

Hoxe non tedes que entregar nada, as cuestións que aparecen na infografía as resolvemos na clase da semana que vén.

Que teñades boa fin de semana!

Un saúdo!Sorriso

Notas:

  1. Tedes o cuestionario sobre vertebrados dispoñible en quizizz ata as 21.30 de hoxe para os que aínda non o completaron.
  2. Lembrade responder ao correo cun "recibido" todos aqueles que recibíchedes o caderno de recuperación.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:

Hoxe veremos, dentro dos métodos indirectos do estudio da terra, o método sísmico, tipo de ondas sísmicas, e interpretación da gráfica do comportamento das ondas "p" e "s".

Os achego un archivo, con un enlace de vídeo incluído e actividades. 

Rematamos a 4ª sesión da semana, polo que xa podeis enviar os exercicios, ata mañán.

Ánimo e seguir traballando.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:

Seguimos tema 12, cos métodos de estudo da Terra.

Os achego como sempre un arquivo. 

Ánimo e seguir traballando

Distribuir contido


by Dr. Radut