Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Hoxe para repasar o tema envíovos un enlace do quizizz, e teneis como límite mañá ás 2

da tarde. Tamén me podeis enviar o resto dos exercicios desde hoxe ata mañá 2

tarde.

Enlace quizizz. Tiempo límite mañan 2 tarde.

https://quizizz.com/join?gc=0934460

Ánimo e seguir traballando

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días :


Hoxe para acabar o tema imos tratar sobre os riscos xeológicos, unha breve introdución á

xeotecnia,e a súa relación cos procesos xeológicos internos e externos.


Tamén veremos como podemos defendernos deles, mediante a elaboración de mapas de risco, a

súa predicción e a prevención destes fenómenos.


Finalmente veremos algún caso práctico.


Mañá repasaremos o tema, e como todas as semanas, me enviais os exercicios entre mañá e o

venres.


Ánimo e seguir traballando.

BIOLOXÍA 1º ESO: 10/06/2020

Bo día!

Para hoxe tedes que facer repaso das características do Reino Plantas, xa que correxindo as vosas actividades vexo que confundides os diferentes grupos de plantas e as súas características.

Dádelle un ollo tamén ao resto dos reinos que vimos neste curso para a actividade que faremos hoxe e mañá nas clases en liña.

Vémonos na clase hoxe con 1ºESO B e mañá con 1ºESO A.

Aproveitade tamén para poñervos ao día da entrega de actividades desta semana xa que a partir de mañá xoves 11/06/2020 non recollerei actividades anteriores.

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:

Hoxe veremos as consecuencias da dinámica litosférica, repasando os procesos xeolóxicos externos, e internos,así como a súa relación mediante o ciclo das rochas, a xeneración destas .

Os achego un archivo, con dos vídeos e cuestíóns.

Ánimo e seguir traballando.

BIOLOXÍA 1º ESO: 09/06/2020

Bo día!

Tedes no arquivo adxunto as actividades para hoxe. A data de entrega é mañá mércores 10/06/2020.

Fixádevos ben no que se pregunta e respondede soamente a iso, sen esquecer xustificar as respostas naqueles exercicios que se pida.

Vémonos nas clases en liña desta semana.

Ánimo que xa queda pouco e o estades facendo xenial!

Un saúdoSorriso

AVISO IMPORTANTE RECUPERACIÓNS

Alumnado de 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía e alumnado de 1ºBAC Anatomía aplicada:

Lembrade que hoxe día 8 de Xuño ás 23.59h remata o prazo de entrega dos cadernos de recuperación que recibíchedes no voso correo electrónico (non están colgados neste blogue, os tedes no voso correo). Tede en conta que:

  • A partir da hora indicada (23.59h) non se recollen cadernos de recuperación, quedando a cualificación desta actividade de recuperación como "non presentada".
  • As entregas deben facerse nos enderezos electrónicos correspondentes de cada materia (no mesmo enderezo onde entregades habitualmente as actividades e desde onde recibíchedes o meu correo coas instrucións da recuperación). Senón se entregan cumprindo esta pauta tamén se consideran "non presentado".
  • É obrigatorio seguir as pautas que aparecen recollidas no caderno. Como se indica nesas normas, o seu incumprimento implica a non avaliación das actividades.
  • É preferible que enviedes o caderno en formato PDF. No caso de envialo como imaxe, estas deben ser perfectamente lexibles para poder cualificalas.

O venres 12 de Xuño farase o cuestionario en liña a través da plataforma quizizz. Para iso recibiredes un enlace no voso correo electrónico a través do cal teredes que cubrir o cuestionario. Seguirase o seguinte horario de obrigado cumprimento (de non respectar os horarios, a cualificación será "non presentado":

  • 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía: de 10 a 11 da mañá (o enlace envíase ás 9.30)
  • 1ºBAC Anatomía aplicada: de 12 a 13 da mañá (o enlace envíase ás 11.30)

Un saúdo

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC-TITORÍA

Bos días:

Os boletíns os recibiredes por Abalar  mañán 9,os que esteis dados de alta, os que non , por correo electrónico.

Ánimo

BIOLOXÍA 1º ESO: 08/06/2020

Boa semana a tod@s!

Continuamos con actividades sobre o Reino Plantas. Neste día déixovos unha sopa de letras con 15 termos sobre este reino.

O que tedes que facer é resolvela e logo entregar un documento no que aparezan definidas cada unha das palabras atopadas na sopa de letras.

Lembrade que as definicións, para que sexan correctas, deben estar ben formuladas empezando sempre por definir o termo, dicindo se é un órgano, estrutura, organismo, proceso, etc. e tamén vos tedes que fixar en se está en singular ou plural.

A data de entrega é mañá martes 09/06/2020.

Enlace á sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6054600-reino_plantas.html

Un saúdo Sorriso

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 05/06/2020

Bo día!

Tedes en arquivo adxunto a actividade proposta. Son 5 casos clínicos nos que tedes que facer un diagnóstico (a pista é que todas as patoloxías asociadas aparecen no libro de texto, polo que non é necesario que consultedes na rede. Debedes ser quenes de facelo empregando soamente o libro. A patoloxía pode estar asociada a calquera dos sistemas vistos durante este curso).

Sede precisos e concisos. En cada caso tedes que indicar:

  1. Sistema implicado
  2. Patoloxía diagnosticada.
  3. Xustificación desa patoloxía en base aos síntomas de cada caso que vos aparecen recollidos no documento adxunto.

Calquera dúbida a respondo por correo electrónico.

O prazo de entrega, tanto para 1ºBAC A como 1ºBAC B, é o mércores 10 de Xuño. En ambos grupos ese día temos clase en liña.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 04/06/2020

Bo xoves a tod@s!

Continuamos co tema do Reino Plantas e para hoxe vos deixo as seguintes tarefas:

  1. Lectura da teoría no libro correspondente ao Reino Plantas.
  2. Actividade 10 da páxina 91 (soamente completar o cadro) e actividade 7 da páxina 106.

A data de entrega é o luns 8 de Xuño.

Lémbrovos que tedes vídeos e a infografía da semana para revisar e comentar na clase da semana próxima.

Que pasedes boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut