Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

BIOLOXÍA 1º ESO: 18/05/2020

Bo luns!

Tedes nun arquivo adxunto a actividade de hoxe (a entrega é mañá martes 19/05/2020). Trátase dunha lectura e debedes contestar as cuestións que vos aparecen nela.

Ademais diso, tedes que repasar a teoría dos vertebrados xa que mañá faredes un cuestionario en liña.

Ánimo coa nova semana!

Un saúdo! Sorriso

Nota: os que recibíchedes o correo co caderno de recuperación, lembrade que tedes que responder a ese correo cun "Recibido".

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 18/05/2020

Boa semana a tod@s!

Déixovos nun arquivo adxunto a actividade que tedes que facer durante esta semana. A entrega é o venres 22/05/2020.

Trátase dunha práctica relacionada co Sistema Cardiovascular. Fixádevos ben no que tedes que responder e nas normas que ten que cumprir o que entreguedes. Contestade soamente ao que se pregunta.

Calquera dúbida a respondo, coma sempre, no correo electrónico.

Esta semana teremos clase en liña o mércores ás 12.30 xa que quero comentar con vós as modificacións da programación e resolver dúbidas sobre iso.

Nota: hoxe ás 12 da mañá remata o prazo para resolver o último quizizz

Un saúdo! Sorriso

1º BAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 15/05/2020

Bo día!

Como xa vos comentei, déixovos a segunda parte do cuestionario sobre o Sistema Cardiovascular.

Lembrade poñer o voso nome e apelido, tedes un único intento de resposta e non fagades trampas!

https://quizizz.com/join?gc=3814604 (copiade e pegade para que non teñades problemas como o venres pasado)

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: para os que tedes que facer a recuperación e recibíchedes o meu correo, lembrade responder cun "Recibido"

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Seguimos repasando, inclúovos un enlace para que hagais un test en liña, dos temas 1-2 do bloque

1.

Non esquezades poñer o voso nome.

Si tedes algún problema mo decíis.

O prazo do test termina mañá ás 2 .

https://quizizz.com/join?gc=4010250

Un saúdo.

BIOLOXÍA 1º ESO B: 14/05/2020

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO B.

Tedes que facer o seguinte:

  1. Repaso da teoría sobre vertebrados e invertebrados. Tedes que coñecer as características de cada un dos grupos para así comprender as diferenzas entre uns grupos e outros.
  2. Déixovos o enlace a unha infografía que vos fixen. Cada semana fareivos unha sobre algunha especie para que vaiades coñecendo fauna e flora. https://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga
  3. Tedes que botarlle un ollo á infografía e a comentamos na clase da próxima semana. Fixádevos porque tedes que saber das resposta aos interrogantes que nela aparecen.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

IMPORTANTE: os que tedes algunha recuperación pendente de facer debedes mirar no correo se vos chegou onte o caderno de recuperación e confirmarme que efectivamente o tedes.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Continuamos co tema 7. Achégovos un pequeno esquema con partes do froito, para aclarar ideas,

e unhas poucas actividades

Manán remataremos o tema, e a partir da semana que ven comenzaremos a repasar.

Seguir traballando.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

  • Bos días:
    Achégovos a plantilla de corrección do tema 18.

  • Mañá comezamos a repasar o bloque 1,moi importante para o exámen da ABAU pois como puidestes observar no modelo de exámen que subín ao blog, teneis dúas opcións paraeste bloque.

  • Para comenzar , resolver as duás primeiras cuestións do modelo da ABAU


  • Seguir traballando. Un saúdo

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 13/05/2020

Bo mércores!

Hoxe déixovos tarefas ata o venres, que vos publicarei outra nova, para o grupo 1ºBAC A:

  1. Lectura dos contidos marcados correspondentes ao Sistema Cardiovascular.
  2. Exercicios do libro:
    1. páxina 160: exercicio 1
    2. páxina 168: exercicio 3
    3. páxina 169: apartados a) e c) do exercicio 4

Tedes que entregalos o venres. Non fagades debuxos nin copiedes as respostas literais do libro. Traballade a teoría e elaborade as vosas propias respostas (sede concisos e ide ao importante).

Hoxe durante a clase en liña resolvereivos as cuestións relacionadas coa 3ª Avaliación.

IMPORTANTE: Os que tedes algunha avaliación pendente, enviádeme un correo electrónico para que vos envíe o caderno de recuperación que debedes entregar.

Vémonos nun ratiño!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO A: 13/05/2020

ttps://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO A.

Tedes que facer o seguinte:

  1. Repaso da teoría sobre vertebrados e invertebrados (na clase en liña de mañá faremos unha actividade na que participaredes tod@s e tedes que ter claras as características de cada grupo): non é unha proba, senón que se sabedes do tema poderedes participar máis.
  2. Déixovos o enlace a unha infografía que vos fixen. Cada semana fareivos unha sobre algunha especie para que vaiades coñecendo fauna e flora. https://view.genial.ly/5ebad4800be9a20d68191dd8/vertical-infographic-ra-patilonga
  3. Tedes que botarlle un ollo á infografía e mañá a comentamos na clase. Fixádevos porque tedes que saber das resposta aos interrogantes que nela aparecen.

Pasade bo día e vémonos mañá!

Un saúdo Sorriso

Nota: hoxe recibiredes no correo electrónico os cadernos de recuperación. Se hai algún erro, facédemo saber. De todas formas mañá falamos disto durante a clase e vos resolvo as dúbidas que teñades.

RECUPERACIÓN PENDENTES BIOLOXÍA

Bós días:

Dadas as circunstacias actuais, o Departamento de Bioloxía ha determinada, realizar unha

recuperación telemática, a aqueles alumnos de pendentes que non superaran as avaliacións

presenciais das asignatura de Bioloxía  pendentes.


Para iso, ten que realizar o cuadernillo de actividades  que achego a continuación, con data límite

27-5-2020.


O alumnado de pendentes de Bioloxía, avisado telemáticamente, polas  profesoras deberá

enviar o cuadernillo á profesoras correspondentes.

MªJesús Barbadillo Marán biolobac@gmail.com

Paula Neira Díaz paula.bioloxia.xeoloxia@gmail.com


Achego os cuadernillo de recuperación, e da revisión da programación de pendentes.


Xefa do Departamento

Distribuir contido


by Dr. Radut