Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 01/06/2020

Bo día!

Seguimos co tema do sistema óseo. Para hoxe (1ºBAC B) déixovos dúas tarefas:

  1. Repaso dos contidos vistos a semana pasada sobre sistema óseo.
  2. Lectura sobre patoloxías do sistema óseo (páxinas 185 a 189, incluidas). Podedes facer un resumo, esquema, subliñar, etc. xa que o mércores faremos unha actividade de aplicación sobre estes contidos.

Que teñades bo luns!

Un saúdo Sorriso

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 29/05/2020

Bo día!

Comezamos coas actividades do sistema óseo. Para hoxe tedes dúas tarefas:

  1. Lectura dos apartados correspondentes do libro de texto sobre o Sistema Óseo (apartados 1 ao 5, excepto o punto 1.3.)
  2. Resolución da actividade do arquivo adxunto.

Calquera dúbida que teñades a resolvemos, coma sempre, por correo electrónico.

Que pasedes boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Imos acabando o repaso. Hoxe só colgarei un test do sistema inmnolóxico, que o podeis facer ata o sábado.


O enlace é:


https://quizizz.com/join?gc=1536211


Tamén subirei a solución dos temas 9,10,11.


A partir de agora calquera dúbida que tengais, me enviais un correo.


Ánimo e seguir traballando.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Comezamos tema novo, "a dinámica terrestre",onde veremos a importancia que ten o

estudo dos fondo submarinos nesta dinámica.Si xa a finais do século XIX, se fixeron

expedicións  que descubrían   abruptos relevos en devanditos fondos, como o

desubrimiento da fosa da Marianas, e a existencia das dorsales oceánicas, non foi ata

mediados do S. XX, graza os avances tecnolóxicos, a importancia que ambas formas de

relevo ían ter na teoría dmovemento das placas litosféricas.


Profundaremos nisto ao longo deste tema.


Achégovos un arquivo, con algúns vídeos explicativos, e cuestións.


Xa sabeis que a partir de hoxe e ata mañá podeis enviar as actividades.


Un saúdo

BIOLOXÍA 1º ESO: 28/05/2020

Bo día!

Déixovos as tarefas ata o luns:

  • Lectura da teoría do libro de texto correspondente ao visto sobre o Reino Plantas: páxinas 86, 87 e 88.
  • Actividade 5 da páxina 88: fixádevos ben en que as respostas deben estar xustificadas. Tedes que entregala o luns 1 de Xuño.
  • Igual que nestas últimas semanas, tedes dispoñible neste enlace a infografía dunha nova especie. Tentade resolver os interrogantes porque os comentaremos nas clases en liña da próxima semana (as respotas da infografía non as tedes que entregar).

https://view.genial.ly/5ece8b9b95a58b0d8d8c773a/vertical-infographic-vipera-seoanei

Desfrutade da fin de semana!

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Anímovos para que sigais traballando, que aínda que teneis o curso prácticamente terminado,

espéravo a ABAU, no que necesitais tamén pasalo e con nota..


Hoxe vos achego, a plantilla de corrección do modelo de exámen de ciuga 2020.


Tamén un test da plataforma quizizz, pero desta vez podeis ir vendo as solucións para que

non desanimeis cando no quizizz corrixe como incorrectas respostas ,que non escribíchedes

exactamente igual

O quizizz termina mañá ao mediodía.


O enlace: https://quizizz.com/join?gc=8322231


Como sempre, calquera dúbida me enviais un correo,


Ánimo.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Hoxe imos facer exercicios de repaso do tema 12.


Para iso, ademais do arquivo que vos achego, teneis un enlace para facer a través da plataforma

quizizz e caduca mañá ás 8,30 da mañá, polo que recomendo facelo hoxe.


Este é o enlace

https://quizizz.com/join?gc=9031750



Ánimo e seguir traballando.

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 27/05/2020

Bo día!

Déixovos en arquivo adxunto a actividade que debedes realizar e entregar o venres 29/05/2020.

Antes de facela debedes ler a teoría que vos aparece na páxina 156 do libro en relación cos parámetros dun electrocardiograma.

Lembrade que hoxe temos clase en liña ás 11.20.

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Seguimos traballando con exercicios tipo ciuga, e con cuestionarios on-line na plataforma

quizizz.


Achégovos un modelo de exercicios temas, 9,10,11. e o test é temas 12-13. Intentalos resolver.

Respaso temas 12-12

https://quizizz.com/join?gc=5908105

Tamén vos achego un enlace para que veais os exames ciuga dos últimos tres anos.


https://ciug.gal/gal/abau/exames

Ánimo.

BIOLOXÍA 1º ESO: 26/05/2020

Bo día!

Como esta semana tedes traballo ata o xoves, non tedes que facer actividades a maiores da que vos deixei onte ata ese día, que publicarei un repaso a través de Quizizz.

Recórdovos que mañá (1ºESO B) e o xoves (1ºESO A) temos clase en liña. Repítovos o enlace porque sempre me preguntades. É o mesmo de sempre pero volo deixo aquí para que vos quede nunha entrada máis recente do blogue.

https://eduxunta.webex.com/meet/bermudezcouceiro

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut