Skip to Content

blogue desonia

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 17/06/2020

Bo día!

Para continuar co tema do Sistema Muscular, déixovos un quizizz con preguntas sobre os contidos que vimos na clase.

Tedes de prazo para facelo ata mañá xoves 18/06/2020 ás 12h.

https://quizizz.com/join?gc=3949051

Que pasedes bo día.

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 16/06/2020

Bo día!

Como xa vos comentei a semana pasada, na clase de 1ºESO A tiñamos pendente dedicar un día a falar sobre os buratos negros. Como non nos deu tempo hoxe vos deixo unha imaxe interativa coa que podedes descubrir máis sobre este tema.

Tedes que premer neste enlace: https://view.genial.ly/5ee7c1ac7d53aa0d01c8f6fa/interactive-image-buratos-negros

Recordade que tedes que facer, xa posto de onte, o quizizz sobre o reino plantas. Está dipoñible ata hoxe ás 14h.

Lémbrovos as clases en liña desta semana (o enlace é o de sempre):

  • 1ºESO A: xoves ás 10.30.
  • 1ºESO B: mércores ás 10.30 e venres ás 10.30 (será media hora máis ou menos por ser o último día do curso. Xa sei que tiñades clase con Pedro pero xa sabe que nesa media hora vos conectades comigo)

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 15/06/2020

Bo día!

Continuamos co Reino Plantas. Hoxe debedes:

  1. Repasar os contidos sobre este reino que estivemos vendo en clase.
  2. Completar o seguinte cuestionario en liña https://quizizz.com/join?gc=3665840 . Tedes pouco tempo para contestar cada pregunta polo que debedes repasar ben a teoría. Coma sempre, recórdovos que tedes que poñer o voso nome, sen apodos nin diminutivos, xa que senón non contabilizo a actividade.

Ánimo que xa é a última semana!

Un saúdo Sorriso

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 12/06/2020

Bo día!

Comezamos coas actividades sobre o Sistema muscular. A data de entrega destas actividades é o próximo mércores 17/06/2020, tanto para 1ºBAC A coma 1ºBAC B.

Actividades do libro de texto:

  • Páxina 216: analiza uns debuxos (exercicio 1, soamente o apartado a) de indicar o nome dos músculos representados en ambas imaxes)
  • Páxina 217: exercicio 1 e exercicio 4.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 11/06/2020

Bo día!

Hoxe vos deixo a infografía da semana. Como estamos co Reino Plantas, imos ver unha especie moi común na nosa zona. Premede no enlace para descubrila! https://view.genial.ly/5ee1de8ff260380d8364f04c/horizontal-infographic-review-quercus-robur

Ademais vos deixo unha lectura sobre os ciclos das plantas neste enlace: https://blogs.20minutos.es/ciencia-para-llevar-csic/2017/09/21/para-que-sirve-el-reloj-interno-de-las-plantas/

Botádelle unha ollada ao artigo e á teoría das plantas xa que o luns faremos un quizizz con cuestións sobre todo isto.

Non esquezades repasar os interrogantes da infografía xa que teredes que darlle resposta na clase en liña da próxima semana!

Pasade boa fin de semana! Ánimo que xa non queda nada!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 10/06/2020

Bo día!

Para hoxe tedes que facer repaso das características do Reino Plantas, xa que correxindo as vosas actividades vexo que confundides os diferentes grupos de plantas e as súas características.

Dádelle un ollo tamén ao resto dos reinos que vimos neste curso para a actividade que faremos hoxe e mañá nas clases en liña.

Vémonos na clase hoxe con 1ºESO B e mañá con 1ºESO A.

Aproveitade tamén para poñervos ao día da entrega de actividades desta semana xa que a partir de mañá xoves 11/06/2020 non recollerei actividades anteriores.

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 09/06/2020

Bo día!

Tedes no arquivo adxunto as actividades para hoxe. A data de entrega é mañá mércores 10/06/2020.

Fixádevos ben no que se pregunta e respondede soamente a iso, sen esquecer xustificar as respostas naqueles exercicios que se pida.

Vémonos nas clases en liña desta semana.

Ánimo que xa queda pouco e o estades facendo xenial!

Un saúdoSorriso

AVISO IMPORTANTE RECUPERACIÓNS

Alumnado de 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía e alumnado de 1ºBAC Anatomía aplicada:

Lembrade que hoxe día 8 de Xuño ás 23.59h remata o prazo de entrega dos cadernos de recuperación que recibíchedes no voso correo electrónico (non están colgados neste blogue, os tedes no voso correo). Tede en conta que:

  • A partir da hora indicada (23.59h) non se recollen cadernos de recuperación, quedando a cualificación desta actividade de recuperación como "non presentada".
  • As entregas deben facerse nos enderezos electrónicos correspondentes de cada materia (no mesmo enderezo onde entregades habitualmente as actividades e desde onde recibíchedes o meu correo coas instrucións da recuperación). Senón se entregan cumprindo esta pauta tamén se consideran "non presentado".
  • É obrigatorio seguir as pautas que aparecen recollidas no caderno. Como se indica nesas normas, o seu incumprimento implica a non avaliación das actividades.
  • É preferible que enviedes o caderno en formato PDF. No caso de envialo como imaxe, estas deben ser perfectamente lexibles para poder cualificalas.

O venres 12 de Xuño farase o cuestionario en liña a través da plataforma quizizz. Para iso recibiredes un enlace no voso correo electrónico a través do cal teredes que cubrir o cuestionario. Seguirase o seguinte horario de obrigado cumprimento (de non respectar os horarios, a cualificación será "non presentado":

  • 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía: de 10 a 11 da mañá (o enlace envíase ás 9.30)
  • 1ºBAC Anatomía aplicada: de 12 a 13 da mañá (o enlace envíase ás 11.30)

Un saúdo

BIOLOXÍA 1º ESO: 08/06/2020

Boa semana a tod@s!

Continuamos con actividades sobre o Reino Plantas. Neste día déixovos unha sopa de letras con 15 termos sobre este reino.

O que tedes que facer é resolvela e logo entregar un documento no que aparezan definidas cada unha das palabras atopadas na sopa de letras.

Lembrade que as definicións, para que sexan correctas, deben estar ben formuladas empezando sempre por definir o termo, dicindo se é un órgano, estrutura, organismo, proceso, etc. e tamén vos tedes que fixar en se está en singular ou plural.

A data de entrega é mañá martes 09/06/2020.

Enlace á sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6054600-reino_plantas.html

Un saúdo Sorriso

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 05/06/2020

Bo día!

Tedes en arquivo adxunto a actividade proposta. Son 5 casos clínicos nos que tedes que facer un diagnóstico (a pista é que todas as patoloxías asociadas aparecen no libro de texto, polo que non é necesario que consultedes na rede. Debedes ser quenes de facelo empregando soamente o libro. A patoloxía pode estar asociada a calquera dos sistemas vistos durante este curso).

Sede precisos e concisos. En cada caso tedes que indicar:

  1. Sistema implicado
  2. Patoloxía diagnosticada.
  3. Xustificación desa patoloxía en base aos síntomas de cada caso que vos aparecen recollidos no documento adxunto.

Calquera dúbida a respondo por correo electrónico.

O prazo de entrega, tanto para 1ºBAC A como 1ºBAC B, é o mércores 10 de Xuño. En ambos grupos ese día temos clase en liña.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut