Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:

Achégovos a plantilla de corrección do tema 17. Ánimo e seguir repasando.

BIOLOXÍA 1º ESO: 12/05/2020

Bo día!

Hoxe imos seguir traballando cos vertebrados a través dun xogo. Farémolo en educaplay (a mesma plataforma onde fixemos a roda de palabras, crucigramas, etc. no tema dos invertebrados).

Neste caso ides ter que identificarvos a través duns códigos que se atopan nuns tickets que vos dou eu e así queda rexistrada a vosa puntuación na actividade. 

Ollo! Sede responsables e collede o ticket que sexa voso, polo ben dos vosos compañeiros e do voso propio, pois xa vos digo que o código serve para saber que puntuación tedes cada un de vós na actividade (senón a facedes ou utilizades un código que non é voso tedes a actividade como non feita).

No arquivo adxunto tedes as instrucións de acceso á páxina e a forma na que tedes que seleccionar o voso ticket. Calquera dúbida preguntádeme!

Hoxe non tedes que entregar nada, cando completedes a actividades xa vexo eu a vosa puntuación directamente na páxina de educaplay.

P.D.: Tedes 3 intentos para facer a actividade. Mañá vos deixarei outro enlace para que a practiquedes cando queirades por se queredes repasar.

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:

Os achego o modelo do exámen da ABAU, para este ano. 

A data proposta para o exámen de Bioloxía de ABAU é 9-7-2020, hora : 9-10:30.

Un saúdo.

PUBLICACION DA REVISIÓN DA PROGRAMACIÓN DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:

Os achego un arquivo ca revisión da programación.

Saúdos.

REVISIÓN PROGRAMACIÓN DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Os adxunto un arquivo cá revisión da programación, no que indica entre outros puntos, quíénes

tedes que recuperar as evaluacións, é cómo.

Tamén vos achego,o cuadernillo de recuperación, por si alguén suspenso modificou o seu correo electrónico.

De todos xeitos si tedes algunha dúbida, enviarme un correo.

Nota:O cuadernillo de recuperación foi enviado hoxe 11-5-2020,ós alumnos que teñen que facerlo.

A data límite para que o alumnado o envíe a profesora é 20-5-2020.

biolobac@gmail.com

Adxunto o cuadernillo de actividades de recuperación .(Exclusivo para alumnos que teñan que recuperar).

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Ola: 

Continuamos cás actividades  do tema 7, a "Reproducción nas espermatófitas". Envíovos un archivo adxunto , cun vídeo explicativo e actividades.

Seguir traballando. Ánimo

REVISIÓN PROGRAMACIÓN DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:
Comezamos a semana do 11 de maio, e vouvos a comentar algunhas novidades na revisión da

programación, dada a excepcionalidade da situación actual, e que debeis ter en conta para

final de curso.

Revisión da progamación:

- A cualificación final será a media dás dous primeiras evaluacións.


-Esta cualificación poderase subir, co traballo dá 3ª Avaliación, como máximo ata1p,

seguinte maneira:

- - Entrega do 90-100% dás actividades propostas non prazo.1p 

- Cando ou prazo do máis do 80% dás actividades,0,5 

- Non caso que a media dá nota final sexa inferior 4,5, ou alumno deberá realizar actividades

de recuperación, dá avaliación/evaluacións pendentes.

-No caso de ter que facer a recuperación, si a nota final e inferior a 4,5, o alumnado

deberá facer un cuadernillo de actividades de recuperación que a profesora lle enviará por

correo electrónico e que o alumnado deberá entregar ó correo asignado pola profesora no

prazo dado.

A nota máxima de recuperación será 5.

 

BIOLOXÍA 1º ESO: 11/05/2020

Bo luns a tod@s!

Comezamos unha nova semana. Ánimo!

Hoxe tedes dúas tarefas para facer:

  1. Lectura dos contidos correspondentes aos animais vertebrados. Lembrade que podedes facelo coa teoría do voso libro de texto ou coa presentación que vos deixei no blogue a semana pasada.
  2. Actividades do arquivo adxunto.

A data de entrega é mañá martes 12/05/2020.

Quería deixarvos tamén un enlace por se queredes botarlle un ollo. Ao mellor é unha boa actividade para que fagades na fin de semana.

É un enlace a Geolodía. Trátase dunha iniciativa para a divulgación da xeoloxía en España. Coincide que nas primeiras fins de semana de Maio faise un roteiro xeolóxico gratuito nalgunha provincia española pero como este ano non se puido facer por mor da pandemia fixeron roteiros virtuais que podedes consultar.

O enlace que vos deixo xa é ao mapa onde vos aparecen iconas de vídeo nas que, se pinchades, ábresevos un menú á esquerda co enlace do vídeo correspondente. https://geolodia.es/mapa-geolodias/

Calquera dúbida, escribídeme ao correo.

Pasade bo día!

Un saúdo Sorriso

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 11/05/2020

Bo día!

Comezamos unha nova semana. Moito ánimo!

Hoxe déixovos tarefas ata o venres, que vos publicarei outra nova:

  1. Lectura dos contidos marcados correspondentes ao Sistema Cardiovascular.
  2. Exercicios do libro:
    1. páxina 160: exercicio 1
    2. páxina 168: exercicio 3
    3. páxina 169: apartados a) e c) do exercicio 4

Tedes que entregalos o venres. Non fagades debuxos nin copiedes as respostas literais do libro. Traballade a teoría e elaborade as vosas propias respostas (sede concisos e ide ao importante).

Un saúdo Sorriso

1º BAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 08/05/2020

Bo día a tod@s!

Como xa vos comentei na clase desta semana, hoxe ides facer un cuestionario en liña. Tedes ata mañá ás 10h para completar a actividade.

Lembrade que tedes que poñer o voso nome e primeiro apelido para que eu vos contabilice a puntuación e, ademais, soamente tedes unha oportunidade. Por iso, recoméndovos que leades o tema antes de resolver o cuestionario porque as preguntas teñen tempo para contestalas e non vos vai dar marxe de mirar no libro.

Como aínda estamos comezando co tema, restrinxín os contidos do cuestionario e soamente hai preguntas dos contidos que vos sinalei das páxinas 150 a 153 (tedes nunha entrada de onte un documento onde vos poño punto a punto o que tedes que saber deste tema).

Déixovos o enlace: quizizz.com/join?gc=649508

Sorte!

Boa fin de semana Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut