Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

BIOLOXÍA 1º ESO: ACLARACIÓNS ACTIVIDADE 11 PÁXINA 107

Ola a tod@s!

Con respecto á actividade que tedes que entregar o luns do libro de texto teño que facervos unhas aclaracións:

  • Vos piden que clasifiquedes aos organismos en filo ou división. Como son vertebrados, todos pertencen a Cordados (sei que isto non o dimos)
  • O de filo/división debería estar cambiado por clase para que poidades clasificar en: Aves, Mamíferos, Reptiles, Peixes ou Anfibios. Facédeo así, asignando cada organismo a unha clase e xustificándoo

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO B: 07/05/2020. RECTIFICACIÓN ARQUIVO VERTEBRADOS

Bo día!

Hoxe as actividades son para o grupo de 1ºESO B.

As tarefas que tedes que facer son:

  • lectura das páxinas do libro de texto correspondentes aos animais vertebrados (páxinas 100 á 104). Déixovos en arquivo adxunto a parte da presentación que vimos na clase para que leades a teoría por aí os que non tedes o libro na casa.
  • exercicio 11 da páxina 107. Para aqueles que non teñades libro de texto déixovos aquí  o enunciado:
    • Sinala e xustifica a que filo ou división corresponde cada un dos seguintes animais vertebrados: serpe, xílgaro, píntega, candorca, crocodilo, ra, reno, lagarta, tartaruga.

Esta actividade tedes que entregala o luns 11/05/2020.

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: o arquivo está modificado con respecto ao desta mañá posto que nese non aparecía o grupo dos reptiles

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 07/05/2020

Bo xoves!

Como xa vos comentei onte durante a clase en liña, hoxe tedes no arquivo adxunto os puntos principais do sistema cardiovascular para que os vaiades lendo polo libro de texto.

Recórdovos que a actividade de mañá será un cuestionario sobre esta teoría polo que a tarefa de hoxe é que leades con calma o tema.

Calquera dúbida que teñades consultádema por correo.

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Esta é a última entrega desta semana.A partir de hoxe e ata o viernes, podeis entregar os exercicios da semana.


Achégovos as actividades de briófitas e fentos.

Advertencia :No libro de texto(pax162 ciclo biolóxico) , onde pon mofo, hai que corrixir por brións.

 

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:


Xa chegamos ao último tema. Achégovos un arquivo, cun resumo e outro coas cuestións.


Mas podeis enviar ata o luns que vén.


A próxima semana comezaremos a repasar por bloques.

BIOLOXÍA 1º ESO A: 06/05/2020

Bo día!

As actividades de hoxe son soamente para o grupo de 1ºESO A. Tedes dúas tarefas:

  1. Lectura das páxinas do libro de texto correspondentes aos grupos de vertebrados (páxinas 100 á 104)
  2. Exercicio 11 da páxina 107.

Mañá, durante a clase online, falaremos dos grupos de vertebrados e das súas características principais.

A data de entrega desta actividade é o luns 11/05/2020.

Vémonos mañá ás 10.30.

Un saúdo Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Iniciamos a reprodución das plantas. Achégovos, un arquivo.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:

Pásovos un arquivo coa última entrega deste tema, a partir de hoxe e ata o venres, me enviais as

cuestións.

Só queda un minitema que empezarei mañá, para a partir da semana que vén, comezar a repasar

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Continuamos co tema das plantas, hoxe ímonos a centrar en movementos das plantas, e o

concepto de fotoperíodo e as súas aplicacións.

Achégovos un arquivo,con dous vídeos a partir dos cales elaborades os cuestionario. Para as

definicións,a partir do libro.

Como sempre, enviais as cuestións a partir do xoves ata venres.

Seguir traballando.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:


Continuamos co tema das plantas, hoxe ímonos a centrar en movementos das plantas, e o

concepto de fotoperíodo e as súas aplicacións.

Achégovos un arquivo,con dous vídeos a partir dos cales elaborades os cuestionario. Para as

definicións,a partir do libro.

Como sempre, enviais as cuestións a partir do xoves ata venres.

Seguir traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut