Skip to Content

Actividade: O DEPARTAMENTO DE INGLÉS DESEXA Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: MERRY CHRISTMAS AND A HAPPY NEW YEAR 2023!

Este ano desde o Dpto. de inglés e tendo en conta a reincorporación ao centro da profesora de inglés Nuria Bello, recuperamos uns cartaces que o alumnado que actualmente cursa 2º de Bacharelato fixeron con dita profesora cando cursaban 1º da ESO.

Aproveitando que o curso actual é particularmente esixente, vaia este xesto como regalo de Nadal especialmente para os alumnos de 2º de Bacharelato (tanto os que teñan feito os carteis alá polo ano 2017, como os que non por non ser eu a súa docente) e para que serva de agarimo nun ano académico especialmente esixente.

É por este motivo que, como moitos abriron e cerran etapa en inglés coa mesma profesora, o título do mural é Throwback Christmas - Prom 2017-2022  - Rememorando o Nadal (do pasado) - cunha mirada cara un futuro prometedor e ilusionante que lles espera á promoción 2017-2022.

E para todos en xeral: bo descanso, BO NADAL E MELLOR E ILUSIONANTE 2023!

Nuria Bello Piñón

Profesora de lingua inglesa.

 



page | by Dr. Radut