Skip to Content

Actividades na Natureza

Ao longo deste trimestre o alumnado de 3º ESO asistiu a unha actividade de remo, kaiak e batel organizada en colaboración co Concello de Oleiros. Pasamos a mañá na ría probando estas dúas modalidades. Lamentablemente, por mor do tempo, tivemos que suspendela nalgún dos cursos xa que as actividades na natureza están condicionadas polas condicións meteorolóxicas.

Así mesmo, o alumnado de 1º Bacharelato desplazáronse ao Zarzo e ao Madeo e fixeron unha xornada completa de sendeirismo e kaiak en río. Nesta ocasión Ricardo, o profesor de Bioloxía, acompañounos e puidemos aproveitar para coñecer un pouco mellor a nosa biodiversidade.


page | by Dr. Radut