Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Vipers in the city

ÓPERA BREAK

O luns, 27 de novembro, o alumnado dos tres primeiros cursos da ESO asistíu á representación da obra ÓPERA BREAK na que un grupo teatral puxo en escena un musical que combinaba a ópera con break dance.

Esta actividade foi organizada e costeada pola ANPA "Miguel Hernández".

Charla Microrreservas de flora

Na mañá do venres 1 de decembro tivemos a ooprtunidade de coñecer o traballo da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) da man do biólogo Martiño Cabana. Martiño explicounos que son e como se xestionan as microreservas de flora. Vimos exemplos de flora exclusiva dos solos serpentínicos da Serra do Careón e de orquídeas ligadas a afloramentos calcáreos da Serra do Courel (que o alumnado de 1 Bach terá a oportunidade de visitar na primavera)

25 N

O alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO estivo traballando estes días nun mural para conmemorar o 25N baseándose na obra do artista estadounidense Keith Haring.

Presente e futuro da Enxeñería

Charla sobre o presente e o futuro da enxeñería con Ignasi Colominas

O alumnado de Stembach conversou co Catedrático da Escola de Enxeñeiros, Ignasi Colominas nunha distendida charla sobre as enxeñeiras e enxeñeiros, os proxectos e servizos en que participan, problemáticas que afrontan e solucións aplicadas, e tamén sobre un mercado laboral no que se prevé unha demanda de persoal formado en enxeñaría moito maior do que está estudando actualmente.

Cuento porque creo en el poder de la palabra (Samuel Mountoumnjou - Contacontos)

O pasado dia 6 de novembro, de 8h30 a 10h10, no salón de actos do IES, o alumnado de francés de 2°, 3°, 4° eso e 1°e 2° bach, tivo a ocasión de disfrutar da presencia de Samuel Mountoumnjou, profesor, mediador e conta contos, que utiliza a tradición oral do conto africano para acercar a lingua francesa ao alumnado dun xeito diferente, lúdico e interactivo.

Pulsando sobre a imaxe pódese acceder a fotografías e vídeos do espectáculo


Merci Samuel! Merci à toutes et à tous pour votre collaboration et votre participation!
Vive la Francophonie!"

Transplantes e Doazón de órganos

O 30 de outubro achegouse ata o Miraflores Fernando Mosteiro, o coordinador de transplantes do CHUAC para dar unha charla arredor da doazón e do transplante ao alumnado de 3º de ESO e de 3º e 4º de PDC.

Na charla, Fernando explicou que son os trasplantes, os diferentes tipos, a complexidade organizativa deste tipo de intervencións e a importancia dos donantes compatibles, pezas claves do proceso. Falounos tamén do consentimento presunto e da importancia de manifestar en vida a nosa opinión sobre este tema. Para finalizar, solventou numerosas dúbidas e repartiu, entre os asistentes, un cadernillo que recolle as respostas ás preguntas máis frecuentes que adoitan xurdir sobe o tema.

 

Arte no IES Miraflores

O alumnado de Debuxo Artístico comenzou a expoñer as súas obras nos corredores do noso IES

TALLER MICÓFILO

O martes 17 de novembro o alumnado da materia de Ámbito Científico-Tecnolóxico de 4º ESO participou nun Obradoiro-visita guiada á exposición “Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta”. A actividade foi promovida pola asociación AMABUL e tivo como obxectivo dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.

 

Actividade Kayak

Estes pasados días o alumnado de 3ºESO realizou unha actividade de iniciación ao Kayak e ao remo na praia de Santa Cristina.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Oleiros

Distribuir contido


by Dr. Radut