Skip to Content

Dinamización lingüística

EXPOSICIÓN ISAAC DÍAZ PARDO

XIX CONCURSO TÍRALLE DA LINGUA (Marcado pola pandemia)

Achegamos información do XIX Concurso de Relato Oral "TÍRALLE DA LINGUA" , coñecido por todo o profesorado dado o seu longo percorrido. Este curso presenta modificacións importantes en canto á celebración da súa fase final,  non poderá ser presencial dada a situación derivada da pandemia que estamos a sufrir e que fixo mudar moito as cousas.

Aínda así, parécenos importante seguir adiante con un proxecto que tenta incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, rachar con prexuizos e converter o galego en instrumento de comunicación normal. 

A data de inscrición é antes do 19 de novembro, como figura nas bases. Realizada a fase de selección previa nos centros, as historias que van á fase final serán gravadas e enviadas á AS-PG en formato mp4, até o día 20 de novembro ás 14:00h. Todas as historias  da  fase final serán aloxadas nunha canle da web da AS-PG para poderen ser visualizadas polos centros participantes. No seu momento enviaremos o enlace.

O día 30 de novembro realizarase a fase final de xeito non presencial, e daranse a coñecer as historias gañadoras e os centros.

O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

      1) Primaria.

      2) 1º Ciclo de ESO.

      3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.

 

Os dez primeiros centros que comuniquen o seu compromiso de ir a fase final, poden solicitar unha sesión con profesionais que traballan no ámbito da oralidade: contacontos, xente do teatro e da comunicación.

Calqueira dúbida ou aclaración, podedes chamar ao teléfono da AS-PG (981 278 259) ou a través deste mesmo correo electrónico.

Por favor consultade ben as bases para ter en conta as características do certame.

 

Animádevos a participar...

DE NÓS A NÓS NA CIDADE DA CULTURA

A exposición Galicia, de Nós a nós reúne máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós, cedidas por máis de 60 institucións e prestadores privados. Obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, abrindo unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega. 

A mostra permite contemplar obras que foron obxecto de estudo da revista, como o Santiago de Morlaix, os esmaltes de Limoges da catedral de Ourense, o Cristo de Santa Eufemia de Ambía, o puñal de Beluso, ou a estela de Florderrei Vello. Ademais, reúne por vez primeira documentación dispersa por distintos arquivos que ilustra o desenvolvemento da revista: estatutos e títulos de socios da Sociedade Nós, recibos, suscricións, axenda, libro de contas, facturas ou correspondencia entre os protagonistas, que permiten rastrexar o devir da publicación. A colección íntegra da revista e diferentes experiencias interactivas -para mergullarte no deseño, os colaboradores, temáticas e conexións internacionais da publicación- completan este percorrido. 

 

II Premios Mil Primaveras

Convocatoria dos II Premios Mil Primaveras, uns galardóns que recoñecen e divulgan accións, programas, campañas ou proxectos que promovan o uso e prestixio da lingua galega. O novo prazo de presentación comezou o pasado 27 de outubro e rematará o 31 de xaneiro de 2021. Atoparedes todos os datos en: https://milprimaveras.gal/nova/gl/39.
 

Distribuir contido


by Dr. Radut