O pasado 19 de decembro tivo lugar o encontro dos membros do noso Club de Lectura para falarmos de Nada, de Janne Teller.
En verdade, resultou un libro provocador, que suscitou reaccións moi diversas, e incluso encontradas, entre os que o lemos.
Así, mentres algúns, sobre todo alumnos e alumnas, destacaron a tristeza que lles transmitiu, outros comentaron a dureza tremenda do argumento, e algúns tamén apuntaron o seu profundo realismo porque, sinalaban, poñía o dedo na chaga dos aspectos máis crueis da sociedade actual na que estamos inmersos.
O diálogo foi frutífero e positivo, e o que quedou claro é que o libro non deixou indiferente a ninguén.