FacebookSíguenos en YouTube

Actividades de fin de trimestre

Mago TetoOutro ano máis, como xa é costume, no IES Maximino Romero de Lema estamos a preparar un máxico e entretido fin de trimestre.

Para iso precisamos da vosa enerxía e imaxinación para gozar connosco de un pre-Nadal un tanto especial!!!

JanoO vindeiro venres 18 de decembro acudirán a facernos pensar e a abraiarnos cos seus trucos e acrobacias o Mago Teto co seu espectáculo Tolemaxias e o circo novo de Jano Costas “Sen Medidas”.

As actividades darán comezo despois do segundo recreo.

Foliada Solidaria

Cartaz da Foliada Solidaria

O próximo 28 de Novembro a partires das 19:00 horas, no Auditorio de Baio, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do I.E.S. Maximino Romero de Lema presenta unha Foliada Solidaria en apoio ó pobo sirio. Os cartos recaudados serán destinados a Médicos sen Fronteiras.

Ver o cartaz do evento
Ver nota de prensa
Ver entrada na Voz de Galicia

Presentación Proxecto Regueifesta: a regueifa expansiva

Regueifando no WhatsAppDentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal, o instituto Maximino Romero de Lema de Baio, e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, presentaron na biblioteca Ánxel Casal de Santiago o Proxecto Regueifesta: a regueifa expansiva.

Máis información:
 - La Voz de Galicia (5 de novembro)
 - La Voz de Galicia (6 de novembro)
 - Galicia Confidencial (5 de novembro)
 - Sermos Galiza (8 de novembro)

Paisaxe en Terra de Soneira premiado pola Consellería de Educación

O proxecto "A paisaxe agraria en Terras de Soneira" valeulle ao instituto Maximino Romero de Lema, de Baio, para facerse co segundo premio na categoría de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

O proxecto premiado pódese consultar na web:
https://sites.google.com/site/paisaxesenterrasdesoneira/

Enlace á nova noutros medios:
La Voz de Galicia
Que pasa na Costa

Presentación do proxecto "Regueifesta"

O proxecto é unha iniciativa de normalización linguística impulsada polo IES Maximino Romero de Lema, de Baio, e o IES Marco do Cambalhom, de Vila de Cruces que ten como obxetivo impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova, instrumento para desenvolver habilidades linguísticas, recurso para estimular a creación musical e para o tempo libre da mocidade.
No acto participará alumnado dos dous centros de ensino, os profesores Manolo Maseda e Séchu Sende, e contará coa colaboración das regueifeiras Alba María e Sara Marchena. Ademais, no acto haberá lugar para diferentes sorpresas que vincularán este proxecto educativo co mundo sociocultural e musical actual.

Lugar:
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Salón de actos, Xoves 5 de Novembro ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Concurso adxudicación da cafetería

Información Seguindo a instrución 4/2015 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o 1 de xuño de 2015, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería, don Manuel Maseda Deán, en calidade de director do IES Maximino Romero de Lema, declara aberto, con data 29 de xuño de 2015, concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Maximino Romero de Lema.

Ver o documento coas bases

Celebracións XX Aniversario

Foto XX AniversarioO instituto de Baio conclúe as celebracións do seu XX aniversario.

Ver entrada na Voz de Galicia.

Entrada co anuncio da celebración.

Distribuir contido