FacebookSíguenos en YouTube

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería

Información Adxúntase o documento coa instrución 4/2016 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería.

Ver o documento coas bases

Fondo solidario de libros de texto Curso 2016/17

Información no DOGORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Enlace ó DOG
Ficheiro PDF coa información

Graduación dos alumnos de 2º BAC

Acto de despedida ao alumnado de 2º Bac o pasado 27 de maio no Auditorio de Baio

Graduación 2º BAC 2016

Viaxe de fin de curso 2016

Rematou a excursión dos alumnos de 4º de ESO. Podedes ver a continuación un par de fotos da viaxe deste ano:

Roma

A sombra do que fun

Unha produción do alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural:

XI Semana cultural

Logotipo Semana Cultural 2016E por fin chega a primavera ao instituto coa XI Semana Cultural, con cheiro a circo, teatro, música, danza, pintura, audiovisual e moita conciencia. Porque vivimos tempos nos que a cultura precisa, unha vez máis, ser activista das emocións. Unha semana das letras para lembrar as ensinanzas do grande mestre Manuel María e compartir un sentimento común de identidade.

Agardamos que as portas abertas do noso centro sexan máis contedor cultural que nunca.

Avante e Benvid@s!!!

Premio Proxecto de Innovación Lingüística ao "Proxecto Regueifesta"

Logotipo RegueifestaO IES Maximino Romero de Lema acaba de ser recoñecido, unha vez máis, polos premios de Proxectos de Innovación Lingüística ao "Proxecto Regueifesta".

Enlace á resolución da convocatoria
Sitio web da Regueifesta

Ao mesmo tempo acaba de presentase en Compostela o encontro co alumnado do IES de Arratia para participar no primeiro encontro de Regueifa e Bertso entre escolares.

Estas actividades forman parte dunha xornada que leva por lema "A regueifa está na mesa… camiño da escola", enmarcada no Proxecto Regueifesta. O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora con esta iniciativa, que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social.

O proxecto está impulsado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O seu alumnado visitou esta mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun instituto biscaíño, o IES de Arratia.

Esta Regueifesta enmárcase tamén no 1º Encontro Regueibertso Galiza-Euskal Herría. O intercambio escolar do proxecto Regueibertso continuará entre os días 13 e 16 de maio, cando serán os rapaces do Maximino Romero de Lema de Baio, os que visiten Euskadi, xunto cos alumnos do IES Perdouro, de Burela e do IES Marco do Camballón.

Información na web do Concello de Santiago de Compostela
Información no diario Faro de Vigo
Información no diario Que pasa na Costa

Estreo de cine: "A casa da luz"

A casa da luzO vindeiro sábado 30 de xaneiro, para continuar co seu programa de actividades culturais, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema prepara “un estreo mundial de cine”.
Seguramente moitas persoas lembren unha película que se gravou fai anos na Carballeira de Baio, para a que se construíra un grande barco e na que participaron moitas e moitos veciños da vila. Pois ben, chegou a hora de poder ver “A casa da luz”, un filme recomendado para todos os públicos e que está baseado nun libro escrito por Xavier P. do Campo.
A proxección comezará ás 19:00h, no centro sociocultural de Baio, e ao remate gozaremos de un pequeno debate con Carlos Amil Serantes (director da película) e Xosé Xoán Cabanas Cao (produtor de Vimbio Filmes). A película non puido ser estreada nos cines e por iso este grupo de grupo de alumnos/as -que participaron algúns deles na película- buscaron o xeito de poder facer realidade un dos seus soños: verse na gran pantalla.
A casa da luz quere convidar aos nenos e nenas - e tamén os que deixaron de selo- a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver á casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos pode vencer aos poderosos.
 
Agardámosvos!!!
 
Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema

Distribuir contido