FacebookSíguenos en YouTube

Axudas libros de texto e material escolar

A Xunta ven de publicar a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Está destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 23 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

Pinche aquí  para acceder á información oficial.

Calendario exames finais ciclo SMR

Os exames finais do ciclo SMR serán nas seguintes datas:

Primeiro curso

Segundo curso

Calendario de exames

Adxúntanse  os seguintes documentos:

ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade)

Referencias actualizadas sobre as probas de ABAU (antigas PAU):

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Páxina da CIUG onde se van incorporandoando toda a información sobre matrícula, calendario, convocatorias, estrutura das probas, cualificacións...

Concurso de HAIKUS

Neste primeiro trimestre o EDL , coa colaboración do departamento de galego, organizou un concurso de haikus no que participou todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.O obxectivo era fomentar a creatividade e a poesía.

O haiku é un xénero poético de orixen xaponés e consta de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas e adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. Finalmente fixemos unha selección dos haikus e realizamos un presentación para todo o alumnado participante, ilustrándoos con fotografías que facían referencia ao tema do haiku.

Entregáronse dous premios por curso e o agasallo foi unha libreta cun debuxo na portada realizada pola artista Susana Llorente.

Aquí tedes os haikus premiados.

1ºESO

1º premio : Mario Antelo

Ese rio canta

Aquela auga baila

Unha herba sente.

2º premio :Alejandro Blanco

Pequena folla

Caída dunha arboriña

Que soa está

2ºESO

1º premio: Teresa  Cousillas

Pingas de choiva

Esvaran paseniño

Pola miña xanela,

2º premio: Noa Lema

Unha píntega

Lidiando coa morte

Cruza a estrada.

Admisión de alumnado

¡ACTUALIZACION!

Admisión de alumnos nos Centros Públicos de Galicia:

Foi publicada a Orde no DOG do 1 de febreiro de 2017. A novidade deste ano é que tamén se pode facer de xeito telemático: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

O prazo comprende do 1 ao 15 de febreiro.

Adxuntamos os seguintes arquivos en referencia á admisión:

Acto "Non á violencia machista"

O 25 de Novembro tivo lugar no centro un acto de "Non á violencia machista". Podedes consultar as fotos da actividade no seguinte album.

A sombra do que fun

"A sombra do que fun" foi un Proxecto Educativo realizado o ano pasado polo noso alumnado e que foi galardoado na 1ª Edición dos Premios Fouciño de Baio. Pero o mellor premio, dende logo, é o de chegar a remover conciencias a través da creación cultral

O 25 de novembro é un día que debera desaparecer do calendario e pasar a ser unha "negra sombra do pasado"

Construamos entre todos unha sociedade mais educada e libre na que non teña cabida ningún tipo de violencia.

Distribuir contido