Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Igualdade de xénero, Información xeral, ActividadesUn ano máis, contra a Violencia de XéneroNeste 25 de novembro puxémoslle nome a todas as vítimas do ano 2015. Unha flor violeta e unha folla individualizada simbolizaron a dor dos 48 asasinatos que ata este momento estaban oficialmente contabilizados. O alumnado de 4º de ESO A e PDC rodeou este acto simbólico con poemas, e declaracións de intencións. De fronte, o silencio dun público respectuoso sabedor da importancia que a nosa homenaxe particular tiña. O alumnado do Club de lectura puxo o seu gran de area interpretando unha performance nun acto que o Concello de Lalín organizou para toda a veciñanza, e no que participaron todos os Centros do Concello.
Na galería de imaxes tedes as fotos dese día, no que tamén, coa axuda do alumnado de 1º ESO A, plantamos primaveras en recordo a todas as vítimas. Asemade, queremos dar os parabéns ás alumnas María, Nerea, Aitana e aos alumnos Jorge e Anxo por seren os gañadores do Concurso de Twitter que organizou o Concello de Lalín. Aquí podedes ver, no arquivo adxunto, os chíos que mereceron ser premiados. Finalistas do IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015 Aquí tendes un vídeo elaborado no propio centro:
Programas de axudas de Libros de Texto para o curso 2015-2016A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:
Prazos de presentación de solicitudes: Adquisición de Libros de Texto para 1º e 3º ESO: 25 de xuño a 27 de xullo e 2 de setembro a 2 de outubro Fondo Solidario para 2º e 4º ESO : 2 de xuño a 30 de xuño Importante para poder participar nestes programas é cumprir coa obriga de devolver os libros de texto do programa 2014-15. As datas de devolución serán as seguintes: Materias aprobadas en xuño: ata o 19 de xuño Materias aprobadas en setembro: ata o 4 de setembro Toda a información relativa a estes procesos podedes consultala nos seguintes arquivos:
a) Orde do 21 de maio sobre o fondo solidario b) Orde do 22 de maio sobre adquisición de Libros de texto c) Instruccións de ámbolos dous procesos e) Solicitude de Fondo Solidario para 2º e 4º ESO f) Solicitude de adquisición Libros de Texto para 1º e 3º ESO
Fomentando a convivencia, educar en valoresOs días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín. Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.
Teatro Fórum de Igualdade
Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO. Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e lúdicas.
Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos. Acto contra a violencia de xéneroO 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía. As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas. » Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Talleres Igualdade de xénero para profesoradoO día 6 de Maio celebrouse un Taller de Igualdade de xénero para profesorado. A encargada de impartilo foi Susi Payo, psicopedagoga da Oficina da Igualdade do Concello de Lalín. Tratáronse distintos aspectos deste tema: linguaxe sexista, a utilización da muller na publicidade, os estereotipos, etc...Foi unha boa ocasión para reflexionar sobre este problema social e concienciarnos acerca das verdadeiras dimensións do mesmo. O taller rematou cun conto que vos animo a que leades: "La cenicienta que no quería comer perdices" http://api.ning.com/files/VMLtmyUm8WSPMgnUHaZA7d-DRkDSWmRTX2wAtLmFStXzHk7rtae*blgPiBjsM-FE2gGZMVjCV9erEhv6OVLBhkQGj1a*-QWT/nuestro_cuento.pdf
Talleres Igualdade de xéneroO xoves 16 de Abril do 2009 a Psicopedagoga da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín impartiu un taller sobre Igualdade de Xénero ós alumnos/as de 2º curso da ESO. O taller xirou, fundamentalmente, en torno os estereotipos do xénero feminino e masculino, sobre a falta de igualdade de oportunidades á hora de acceder a un posto de traballo, a utilización da muller na publicidade, a linguaxe sexista etc...
lexislaciónA LOE (lei orgánica de educación) no artigo 126.2.,relativo á composición do Consello Escolar, establece que : "unha vez constituido o consello escolar do centro, designará unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres". No título preliminar da devandita lei establécese, así mesmo, que a actividade educativa desenvolverase atendendo ós seguintes puntos: Punto c) Efectiva igualdade de dereitos entre os sexos, rexeitamento a todo tipo de discriminación e o respecto a todas as culturas". http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf |
Novos números
|