Complementarias

120 minutos de actividade física no IES Laxeiro no Día Europeo do Deporte

O pasado venres 27 de setembro sumámonos as propostas para celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar (# ESSD2019), alcanzando ese día 120 minutos de actividade física non centro, cunha ampla participación entre o alumnado. Unha xornada para visibilizar a necesidade de estar activos físicamente para gozar de calidade de vida xa que, como ten dito Noel Clarasó, “o corpo, se se trata ben, pode durar toda la vida”.

 

O IES Laxeiro participa na Semana Europea do Deporte

O IES Laxeiro fai un chamamento a todo o mundo, independentemente da súa idade ou dos seus antecedentes, para que se poñan en forma. O noso instituto apoia a campaña europea # BeActive, que promove o deporte e o exercicio para unha vida máis sa.

A inactividade física en Galicia, España e en toda Europa estase  estancando e mesmo diminuíndo nalgúns países, cun impacto negativo na calidade de vida das persoas, así como na economía. Segundo a Comisión Europea, a proporción de persoas que nunca fan exercicio ou practican deporte é  preocupantemente alta: o 35%! As rapazas teñen máis probabilidades que os nenos de facer menos exercicio ou deporte.
Galicia é a raíña do sedentarismo. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade a comunidade encabeza todos os rankings de inactividade tanto femininos como masculinos, con máis dun 45 % de persoas maiores de 15 anos que non realizan ningunha actividade física no seu tempo libre. Neste sentido non sorprende que nos situemos entre as comunidades con maior índice de obesidade (superior ao 25 %, sendo só superados por Asturias), especialmente entre a poboación infantil.
Como parte da campaña # BeActive, a Semana Europea do Deporte (23-30 de setembro) organiza eventos numerosas cidades e vilas de España. Os eventos centraranse no deporte en escolas, lugares de traballo, ao aire libre, en clubs deportivos e ximnasios.
Desde o seu lanzamento fai cinco anos, máis de 40 millóns de persoas participaron en 38 países.
"A falta de actividade física no noso estilo de vida moderno provoca importantes problemas de saúde e custa miles de millóns ás nosas economías. Todos podemos ser activos de diferentes maneiras, desde camiñar un pouco ata correr un maratón. Fago un chamamento a todos para que se unan a nós na Semana Europea do Deporte", ten declarado o Comisario europeo responsable de Deportes, Tibor  Navracsics.
Finlandia, que actualmente ostenta a Presidencia da UE, inaugurará oficialmente a Semana o 23 de setembro cunha Cerimonia de Apertura en Espoo.
Non IES Laxeiro sumámonos a esta iniciativa e tamén celebramos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar (# ESSD2019), alcanzando ese día 120 minutos de actividade física non centro, e como broche final desta Semana Europea do Deporte. Neste período de tempo o alumnado participará nunha serie de actividades que engloban actividade física con música (aerobic, zumba, danza moderna), actividades multideportivas incluíndo xogos populares e recreativos e carreira polo Pontiñas.

Semana Europea del Deporte

European Week of Sport

Caderno do proxecto Tunnel of Time

No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.

booklet_cover

A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of Time

Un filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time.

Montando a exposición final do proxecto no centro comercial Pontiñas

No remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración!

expoToT

Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)

O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.

 

 difusion_Kuopio

Xornada de ráfting no IES Laxeiro

Na solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón.

Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos.

 grupo rafting 

 Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).

Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)

O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio.



Distribuir contido