Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

PROBAS DE CERTIFICACIÓN 2021-ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

 

Publicada a Circular 1/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan para o curso

2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.

 

NIVEIS E IDIOMAS:


A Consellería de Educación convocou as probas para a obtención dos certificados dos seguintes niveis:

  • Básico A2: nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso exaponés.

  • Intermedio B1: nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

  • Intermedio B2: nos idiomas alemán, árabe, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.

  • Avanzado C1: nos idiomas alemán, francés, español como lingua estranxeira, galego, inglés, italiano e portugués.

  • Avanzado C2: nos idiomas alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

 


REQUISITOS PARA PRESENTARSE:

 

  • Cumprir alomenos 16 anos antes do 31 de decembro de 2021, naqueles idiomas cursados como primeira lingua estranxeira.

  • Cumprir alomenos 14 anos antes do 31 de decembro de 2021, naqueles idiomas non cursados como primeira lingua estranxeira.

  • O alumnado libre deberá pagar as taxas correspondentes.

 


MATRÍCULA NAS PROBAS:


A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/

O prazo de matrícula vai do 10 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 26 de marzo.


CALENDARIO DAS PROBAS


Meses de xuño e xullo. (Ver calendario no anexo VI da Circular 1/2021)

 

MÁIS INFORMACIÓN:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33379

https://sites.google.com/site/escolacee/home

 


 

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE "IDENTIDADE E ORIENTACIÓN SEXUAL"

 

Recentemente levouse a cabo no IES, unha charla sobre "Identidade e orientación sexual" destinada ás familias e impartida por Noa Tilde, psicóloga dos Centros Quérote +.

Os obxectivos deste encontro, foron os seguintes:

  • Dar a coñecer os Centros Quérote +
  • Presentar a diversidade sexual como un feito inherente ao ser humano.
  • Introducir os conceptos e as nocións básicas sobre identidade e orientación sexual.
  • Analizar as fortalezas e as feblezas que temos para afrontar a realidade social da diversidade sexual.
  • Coñecer estratexias básicas de afrontamento na familia en relación á educación sexual.

Moitas grazas a Noa, ás familias e profesorado asistente.

 

 

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR EN GALICIA-2021

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 15 e o 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
 
DATAS DOS EXAMES:
  • PROBAS CICLOS MEDIOS27 de maio
  • PROBAS CICLOS SUPERIORES: 15 de abril
 
 

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2021. 
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2021.

NOTA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP, teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso.

 

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar. 
  • No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:

(Lembrade que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou).


1. As probas de acceso a Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 27 de maio de 2021 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).

2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior,  terán lugar o día 15 de abril de 2021 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo II da resolución).

Se precisades máis información sobre a estrutura da proba, modelos de exame, etc., achegádevos ao departamento de orientación.

 

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

DIEGO, O PROTAGONISTA DO VÍDEO, ENFRÓNTASE A UNHA TAREFA COMPLEXA: FACER UN TRABALLO SOBRE AS CORES DAS FLORES.

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

 

 

 

Comezamos o ciclo de charlas destinadas ás familias , organizadas polo Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo.

 

BENVIDOS AO IES LAMAS DE CASTELO

Ola a todos/as,

Dende o IES Lamas de Castelo queremos anticipar a acollida do alumnado que o vindeiro curso comezará 1º ESO no noso centro, a través desta presentación virtual.

Con ela pretendemos achegarnos a vós e ás vosas familias dun xeito diferente aos cursos anteriores, por mor da situación sociosanitaria.

Esperamos que o vindeiro mes de setembro poidamos vernos de xeito presencial e aclarar tódalas vosas dúbidas.

Namentres, bo verán a todos/as!

 

 

PÁXINAS WEB RELACIONADAS COA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Aquí vos deixo algunhas páxinas web de interese, relacionadas coa orientación académica e profesional.

ÁNIMO NA RECTA FINAL!

 

O IES Lamas de Castelo "aposta" por un ocio saudable

Unha das actividades previstas para a semana cultural deste curso 2019-2020, que tivo que ser suspendida pola pandemia da Covid-19, era a charla do noso veciño de Muros Santiago Caamaño, na que ía relatar a súa experiencia como ludópata rehabilitado coa finalidade de sensibilizar a toda a comunidade educativa  contra estoutra pandemia.
Santi accedeu á nosa proposta de dirixir unhas palabras ás familias e alumnado do noso centro, as cales como el mesmo comenta, pretenden ter un carácter preventivo ante a nova situación que estamos a vivir.
Debemos lembrar que é moi importante extremar as medidas de prevención, especialmente en nenos/as e adolescentes ante o dano que pode provocar este tipo de ocio baseado na aposta de diñeiro e tan facilmente accesible vía online.

Moitísimas grazas Santi pola túa colaboración.
Esperamos contar contigo de xeito presencial, o vindeiro curso.

Desde o IES Lamas de Castelo tamén che enviamos moitos ánimos!

 

VÍDEOS DAS XORNADAS VIRTUAIS DE ORIENTACIÓN NA UDC

 

Tal e como vos informei no mes de abril, a USC celebrou as súas Xornadas virtuais o pasado 23 e 24 do citado mes.

Para quen non puido conectarse, deixo un enlace a tódalas videoconferencias dos graos organizados por ramas de coñecemento, tal e como volas expliquei (ao alumnado de 4º ESO), nas sesións de orientación académica impartidas antes do confinamento.

Enlace para acceder:

 

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut