Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A TRAVÉS DO 112 PARA TODA A POBOACIÓN,POLA EMERXENCIA SANITARIA

Dende o departamento de orientación do centro, achegamos esta información de utilidade para todas aquelas persoas que poidan precisar atención psicolóxica derivada da situación actual.

A nova está recollida na páxina web do Colexio ofial de Psicoloxía de Galicia.

https://copgalicia.gal/

 

PROGRAMA DE OCIO NA CUARENTENA

A Asociación Asperger de Murcia, elaborou este programa con actividades para toda a familia. Espero que vos axude nestes días.

Aperta e ánimo!

 

ENCONTROS VIRTUAIS DA USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

En primeiro lugar espero que vos atopedes ben, tanto vós como as vosas familias.

Anímovos a participar nos "Encontros virtuais" da USC (que organiza o "Programa A Ponte entre o ensino medio e a universidade"), orientados a estudantes da Educación secundaria (4º, BACH...) e as súas familias.

Nestes encontros estarán recollidas tódalas titulacións de grao da USC (Campus de Santiago e Lugo).

Ditos encontros terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores), a través da web da USC.

Esta web estará dispoñible dende o sábado 4 de abril, no seguinte enderezo 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina, atoparedes:

- Presentación das titulacións.

-Opinión do alumnado sobre as titulacións.

- A posibilidade de interactuar por videoconferencia, cos/cas responsables da titulación para aclarar dúbidas.(Na ligazón de cada titulación, indicaranse os horarios de cada unha das vindeoconferencias).

Animádevos a participar!

 

Aperta e ánimo!!!!!

 

ORIENTACIÓNS PARA A XESTIÓN PSICOLÓXICA DA CUARENTENA POLO CORONAVIRUS

Difundo esta guía que pode ser de interese para o momento que nos toca vivir.

Ánimo a todos/as!!

TALLERES DE IGUALDADE

 

O alumnado de 1º e 2º ESO participou recentemente nun taller de Igualdade, impartido por Patricia Vaquero.

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Convocatoria das probas de acceso

Para máis información, consultade ao Departamento de Orientación.

CHARLA COAS FAMILIAS: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL, NA ERA DA NOVA PORNOGRAFÍA.

Con esta charla pretendeuse dar resposta a unha cuestión sinxela: que modelo de educación afectivo-sexual necesitamos, para compensar os efectos da nova pornografía e fomentar relacións libres, igualitarias e respectuosas coa diversidade?

 

CHARLAS DA ASOCIACIÓN VIEIRO

O pasado mes de decembro impartíronse no noso centro, dúas charlas coas que pechamos o primeiro trimestre: Prevención do consumo de alcol e outras substancias (3º e 4º ESO) e Riscos das novas tecnoloxías (1º e 2º ESO).

CHARLA COAS FAMILIAS

O pasado luns impartíuse no IES unha charla titulada: "Desaxustes emocionais na adolescencia.Estratexias de intervención para as familias".

Nela reflexionamos sobre os cambios propios da adolescencia e a súa relación cos desaxustes emcionais máis frecuentes nesta etapa evolutiva.

Moitas grazas ás familias que nos acompañaron, así como a Pilar Tato (Centro Aquelar) e a Esperanza Vázquez (coordinadora do CAFI).

3 de decembro

O 3 de decembro celébrase o Dia internacional das persoas con discapacidade.

Para dar visibilidade a este dia, fixéronse as seguintes actividades:

- O alumnado de 1º e 2º ESO acudíu á unidade de educación especial do noso IES, para coñecer : o funcionamento, a organización e os materiais cos que se traballa nela.

Unha nena e tres nenos de 2º ESO, foron os/as alumnos/as voluntarios/as encargados/as da exposición.

- O alumnado de 3º e 4º ESO visitou o Centro ocupacional de Aspadex (Cee) e participaron activamente dos seus talleres.

Moitas grazas a todos/as pola participación e, en especial á Asociación ASPADEX pola súa acollida!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut