Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

Aberto o prazo para as becas NEAE

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 20 de setembro de 2023.

Para máis información, premer na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR EN GALICIA -2023

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN
CICLOS MEDIOS: Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

 CICLOS SUPERIORES: Entre o 23 de xaneiro e o 03 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

 

 DATAS DOS EXAMES

 PROBAS CICLOS MEDIOS: 25 de maio do 2023

 PROBAS CICLOS SUPERIORES20 de abril do 2023

 

 REQUISITOS DE INSCRICIÓN

 CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2023.

 CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2023.

  

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

 A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar nun centro educativo.

 No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

 O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 

PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH

 As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso. 

 Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.

 Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

 A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

 

DATAS E HORARIOS DA PROBA
(Lembrade que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscripción que se realizou).

 1. As probas de acceso a Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 25 de maio de 2023co seguinte horario:

 Ás 9.00 horas: presentación. 

 Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).

 Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).

 2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior,  terán lugar o día 20 de abril de 2023 no horario que se indica a seguir:

 Ás 9.00 horas: presentación. 

 Das 9.30 ás 13.00 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 

 Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo II da resolución).

 

Se precisades máis información sobre a estrutura da proba, modelos de exame, etc., achegádevos ao departamento de orientación.

CALENDARIO DAS PROBAS

 

 

4º ESO: Charla sobre o voluntariado en Adisbismur

19/12/2022 13:20
19/12/2022 14:10
Europe/Madrid

3º ESO: Obradoiro de imaxe persoal e autoestima

19/12/2022 11:40
19/12/2022 13:20
Europe/Madrid

PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA-EDICIÓN 2023-2024

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE

https://becas.faortega.org/

 

REUNIÓN FAMILIAS

PRÉGASE COMUNICAR ASISTENCIA

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2022-2023

Xa está aberto o prazo para solicitar as becas xerais do MEFP para o curso 2022-2023.

Toda a información está dispoñible no PORTAL DE BECAS E AXUDAS DO MEFP.

 

PRAZO: DO 30 DE MARZO AO 12 DE MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut