Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

Prevención da violencia de xénero - 3º e 4º

19/11/2019 08:40
19/11/2019 09:30
Europe/Madrid

Orientación

19 de novembro

3º e 4º

De 8:40 a 10:20

Prevención da violencia de xénero

Instituto

Imparte: CIM de Muros

Prevención da violencia de xénero - 1º e 2º

18/11/2019 08:40
18/11/2019 09:30
Europe/Madrid

Orientación

18 de novembro

1º e 2º

De 8:40 a 9:30

Prevención da violencia de xénero

Instituto

Imparte: CIM de Muros

 

As  actividades relacionadas coa prevención da violencia de xénero inclúen esta charla do Centro de Información á Muller de Muros e outra o martes 19 para 3º e 4º.

Charla para as familias: Practicando a disciplina positiva. Como educar con afecto e firmeza?

Reflexionaremos sobre a educación e a difícil tarefa de pór en práctica os seus cometidos, repasaremos a importancia de establecer rutinas, hábitos e responsabilidades no fogar desde o modelo da disciplina positiva, indagaremos nas nosas propias emocións, crenzas, pensamentos e comportamentos á hora de relacioarnos cos/coas menores, detectando obstáculos e aprendendo novas ferramentas para a crianza positiva.

 

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA ASISTENCIA!!

 

Bolsas da Fundación Amancio Ortega

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020!!

RETOMÁMO-LA INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NA WEB DO IES LAMAS DE CASTELO, CO ANUNCIO DAS BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA, PARA ESTUDAR 1º BACH EN CANADÁ OU ESTADOS UNIDOS.

AQUÍ TEDES O ENLACE: https://becas.faortega.org/#el-programa

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN EN DROGAS

Os días 29 e 31 de abril impartiuse un obradoiro sobre prevención en drogas ao grupo de 3º da ESO, contando coa colaboración da Cruz Vermella de Vimianzo.

Desenvolveuse no seguinte horario:

O día 29, mércores: De 11.40 á 13.20 horas.

O día 31, venres: De 9.30 á 11.00 horas.

 

 

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS: E....eu quen son?

O día 10 de marzo de 2017, venres, realizouse un obradoiro de habilidades sociais impartido polo Centro de Información á Muller (C.I.M.)de Muros, dirixido aos dous grupos de 1º da ESO:

  1. De 12.30 a 13.20, para 1ºB da ESO
  2. De 13.20 a 14.10, para 1ºA da ESO

Os contidos que se traballaron nesta actividade foron os seguintes: definición de habilidades sociais, que é a empatía, automotivación, autocontrol, autocoñecemento e autoestima.

 

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O día 9 de xaneiro de 2017, de 16.20 ás 18 horas, realizaouse un obradoiro de educación afectivo-sexual dirixido ao grupo de 3º da ESO.

Foi impartido pola Cruz Vermella de Noia.

Para máis información, consultar o arquivo adxunto.

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR 2017

Publicación da convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional para o ano 2017.

Requisitos de acceso para probas de grao medio: Non ter o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e ter dezasete anos ou facelos no ano natural de celebración da proba.

Datas de inscrición: Entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Lugar de inscrición: En calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesinal.

Realización da proba: 31 de maio de 2017.

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2010

Este luns, 18 de Xaneiro, sairon publicadas as datas e todo o relativo ás PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS  DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2010. 

 

Realización das Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio: 4 de XUÑO

Periodo de inscrición para as Probas de Acceso a Grao Medio: do 1 ao 12 de MARZO.

Para máis información consultade o archivo adxunto.

Se queredes información sobre as probas de acceso doutros anos, premede aquí.

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN VIH/SIDA. Obradoiro de Sexo Seguro. 3º ESO

 

 Como xa sabedes, estase levando a cabo en 3º de ESO  o Obradoiro de "Sexo Seguro" dentro do Programa de PREVENCIÓN VIH/SIDA  impartido por persoal da Asociación Neria.

 

O Obradoiro desenvólvese cunha metodoloxía dinámica e participativa onde se traba a prevención de contaxio de VIH/Sida, outras enfermidades de Transmisión Sexual e embarazos non desexados. 

 

DATAS de realización:

Mércores, día 15 de Outubro, a 4ª e 5ª hora na aula de C. Sociais.
Martes, día 20 de Outubro, a 1ª e 2ª hora na aula de Matemáticas.
Mércores, día 21 de Outubro, a  3ª e 4ª hora na aula de Relixión.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut