Ola a todos/as,
A Universidade da Coruña ofrece aos futurosas estudantes unhas Xornadas de portas abertas virtuais.
Cando? xoves 23 e venres 24 de abril
Horario de mañá: de 9:30 a 14:00 horas
Horario de tarde : de 16:00 a 20:00horas.
Dende a nosa casa poderemos coñecer os servizos que fan máis atractiva e sinxela a vida universitaria: residencias públicas, UDC internacional, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntario, UDC saudable, atención á diversidade, asociacións estudantís, emprego, etc.
A oferta de Graos, aparecerá clasificada segundo as ramas de coñecemento universitario:
-Artes de humanidades
-Ciencias
-Ciencias da saúde
-Ciencias sociais e xurídicas
-Enxeñería e arquitectura
Disporedes de:
- Videoconferencia de cada titulación
-Vídeos de centros universitarios
- Vídeos de alumnado matriculado e alumnado titulado.
Acceso a través da seguinte ligazón:
https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/
DISFRUTADE DAS XORNADAS!
UNHA APERTA