Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 

O alumnado do IES Lamas de Castelo ven de participar nun Obradoiro intelixencia emocional, no cal tiveron a oportunidade de reflexionar sobre cuestións como: a conciencia emocional (identificar as emocións que sentimos, coñecer os cambios fisiolóxicos que provocan…); a regulación emocional (comprender o sentido das emocións negativas, como aprender a regular a súa expresión?, ); a autonomía emocional (favorecer a comunicación grupal, potenciar o sentido crítico, fomentar a autoestima..) e moitas outras cuestión que lles poden facilitar un axeitado coñecemento de sí mesmos favorecendo a autoconfianza e, dos demais, o cal resulta fundamental para manter unas relacións interpersoais de calidade.

 

 

 

 

 

 

"… La inteligencia emocional representa el 80 por ciento del éxito en la vida". Daniel Goleman

 

VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVO CONTEXTO DIXITAL

 

O alumnado de 3º e 4º ESO participou recentenente nun Obradoiro titulado Violencia de xénero e novo contexto dixital. Nel tiveron a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes manifestacións de violencia nese contexto: sextorsión, ciberviolencia, etc.

Esta formación nace co obxecto de promover no alumnado bos hábitos no uso das novas tecnoloxías e a prevención da violencia de xénero, sexa cal sexa o seu escenario.

 

 

 

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.CONVOCATORIA 2022

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN


CICLOS MEDIOS: Entre o 3 e o 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

CICLOS SUPERIORES: Entre o 31 de xaneiro e o 11 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

 

DATAS DOS EXAMES

 

PROBAS CICLOS MEDIOS: 25 de maio

PROBAS CICLOS SUPERIORES28 de abril

  

REQUISITOS DE INSCRICIÓN

CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2022. 

CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2022.

NOTA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP, teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso.

 

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

·       

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

·       

A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar. 

·       

No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

·       

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH


· As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso

·    Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.

·   Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

· A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

 

CALENDARIO DAS PROBAS

   

 

Se precisades máis información sobre a estrutura da proba,os horarios, modelos de exame, etc., achegádevos ao departamento de orientación.

 

 

ABRE TU MENTE EN MODO POSITIVO

INTERESANTE GUÍA DIRIXIDA A DOCENTES E FAMILIAS, PARA A PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL NOS XÓVENES.

 

PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

https://becas.faortega.org/

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS: "SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN SOBRE SAÚDE MENTAL E ADICCIÓNS".

 

AGARDAMOS CONTAR COA VOSA ASISTENCIA

                                

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC O 23, 24 E 25 DE MARZO DO 2021

A pesar da situación na que nos atopamos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago), quere  acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC.

 

Poderás coñecer: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Tamén poderás preguntar todo o que precises saber sobre a universidade...

 

Preme no enlace e poderás mergullarte neste pequeno cosmos universitario:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

 

IMOS VER UN VÍDEO ANIMADO DA FEDERACIÓN DOWN GALICIA, NO QUE NOS EXPLICAN QUE É A SÍNDROME DE DOWN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut