Conmemoración do 25 N

Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e no IES de Fene tivemos a sorte de contar con Joshua Alonso Mateo e Sara Amorín para dirixir un obradoiro sobre violencia de xénero. Joshua e Sara son axentes de igualdade e realizan unha labor marabillosa formando e sensibilizando a persoas de distintos ámbitos e idades sobre a violencia machista. Foron dúas sesións emocionantes e enriquecedoras  nas que se falou de diferentes tipos de violencia, sexual, dixital, psicolóxica, a violencia do cine e as series e nas que o alumnado tivo a posibilidade de tomar parte na actividade e expoñer as súas inquedanzas e opinións.

Sentímonos agradecid@s de poder contar con persoas que traballan para vencer esta lacra e implicad@s en poñer o noso grao de area na prevención e formación sobre violencia machista das novas xeracións.

Joshua agasallounos cun exemplar do libro "No camiño do vento", un libro de poemas e ilustracións de súa nai, María José Mateo, que forma parte dun proxecto solidario que leva o mesmo nome. Ademais asinou no libro da nosa biblioteca.

A actividade contou tamén coa presenza de Mª Carmen Martínez, concelleira de Ensino, Benestar Social e Igualdade, á que agradecemos a colaboración para levar adiante este tipo de actividades e a implicación do concello de Fene na loita en prol da Igualdade

Acceso á web Sesé Mateo

AdxuntoTamaño
IMG_20221125_124130.jpg35.02 KB
IMG_20221125_145119.jpg17.3 KB